Deportes
O Concello de Cervo colaborará co club Medela na posta a punto das diferentes rutas de mountainbike que discorren polo municipio; e que foron habilitadas no seu día polo propio club local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados polos membros do Club David Riera e Víctor Riera; supervisaron a pé algúns dos tramos que suman un percorrido total duns vinte quilómetros para coñecer os trazados, e ver o estado no que se atopan a día de hoxe e, efectivamente, tal e como nos fixeron chegar dende o Club “son necesarios importantes traballos de roza e limpeza para poder practicar con garantías este deporte”, sinalou Villares.
Polo Concello de Cervo, transcorren tres tracks, que foron trazados no seu día polos membros do club Medela e bautizados como Secret trail, Farallones...
leer másO X Macguiver Surf terá lugar nesta ocasión o vindeiro sábado 30 de setembro, na praia da Limosa.
A cita deportiva foi presentada no propio escenario da competición, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Club Limosa Surf, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.
Os interesados en participar na proba deberán achegarse a primeira hora, a partir das 9 da mañá, á Praia da Limosa, para formalizar a inscrición.
Poderán competir nas modalidades de Surf masculino e feminino, BodyBoard e LongBoard, e haberá trofeos e premios (relacionados co surf e o Skate), para os catro primeiros clasificados de cada categoría.
A inscrición suporá un custe...
leer másHoxe foi presentado o III Torneo Marosa Cup que terá lugar os días 7 e 8 de outubro no campo de fútbol de A Marosa. Está organizado polo SD Porto de Burela en colaboración co Concello burelés e a Deputación Provincial de Lugo, e trátase dunha cita co fútbol base, “unha das prioridades do equipo de goberno” segundo salientou o edil Ramiro Fernández Rey. Ao torneo acudirán equipos como o Deportivo da Coruña e o CD Lugo.
O concelleiro de Deportes explicou que “vimos de presentar hoxe no Concello de Burela o III Torneo Marosa Cup que organiza o SD Porto de Burela en colaboración co Concello e que se vai celebrar os días 7 e 8 de outubro nas instalacións do campo de fútbol de A Marosa”.
Ramiro Fernández dixo que “é un torneo de fútbol base, unha das prioridades que tivo sempre este equipo de goberno e que vai seguir mantendo durante toda...
leer másA Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, xunto a outras autoridades, presentaron este xoves a VIII Carreira Popular Val das Fabas, que terá lugar o vindeiro domingo 1 de outubro.
O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.
García Bermúdez subliñou que “unha vez máis colaboramos co Concello de Lourenzá na celebración dun evento deportivo que, polas súas características, logra reunir a toda a veciñanza do municipio e da contorna. De feito, nestes momentos xa hai...
leer másAs pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.
Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de inscrición “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.12”.
Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.
Dentro de cada grupo, establécense diferentes niveis en función da destreza do alumno dende iniciación a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades complementarias como Aguagym ou o servizo de...
leer másA carreira solidaria Alas de Vida celebrarase o vindeiro sábado, 23 de setembro, en Burela. A primeira saída, cun percorrido de 7,5 quilómetros, será ás 10:30 e a continuación terán lugar as carreiras para os máis pequenos que ocasionarán cortes no tráfico rodado nas rúas Curros Enríquez, Pardo Bazán, Castelao e Lamestra. Xa pola tarde será o paseo solidario. Na presentación, que tivo lugar este mediodía, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto a membros da asociación cultural Fanto Fantini.
O edil burelés explicou que “hoxe tivemos a xuntanza para preparar Alas de Vida, unha carreira solidaria que se vai disputar o vindeiro sábado, día 23, en Burela. Estivemos pechando os últimos flecos para o tema dos percorridos e a necesidade de persoal que vamos ter para a mesma. É unha carreira...
leer másUn ano máis, e antes de comezar a XXIX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas.
Polas Xornadas deste ano 2017 van pasar 22 alumnos/as de 5º e 18 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 21 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de...
leer másA 4ª Ruta Ecuestre Equus Norte celebrarase en A Pontenova o 7 de outubro. O programa dará comezo ás 10:00 horas cun almorzo no Mesón A Mina e ás 11:00 iniciarase a ruta dunha distancia aproximada de 18 quilómetros. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar e durante toda a tarde haberá sorteos coa a actuación de Discomóvil Blanco y Negro. As reservas poden facerse no Mesón A Mina no 982 336 049, no 649 932 318 (Juan), no 690 164 908 (Aitor) ou no 662 062 625 (Pepe). O prezo é de 25 euros.
Ás 16:00 horas celebrarase unha carreira de obstáculos a cabalo. Para aluguer de cabalos pódese chamar ao 620 302 567 (Moncho) e a organización comunica que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou este luns a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas,no Pavillón Municipal do Concellomariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.
O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.
Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano...
leer más