Bestas
presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.
O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.
A loxística da proba concentrarase na contorna da área...
leer másEste mediodía presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a quinta edición do Trail das Bestas, que se celebra o vindeiro domingo 17 de xullo e que conta a escasas horas de pecharse o prazo de inscrición -ao rematar o día de hoxe- conta con 350 persoas anotadas.
A proba ofrece catro modalidades de participación: 43 Kms, 27Km, 14 km e andaina, para facer camiñando e cun percorrido tamén de 14 km. A organización destacou que nesta quinta edición a Serra do Xistral ten maior protagonismo en todos os itinerarios, reforzando a visibilidade deste espazo natural emblemático. Así mesmo, atendendo ás previsións meteorolóxicas, prevese un reforzo dos puntos de avituallamento e a presenza dun equipo sanitario que desenvolverá unha labor preventiva.
Como en anteriores edicións, ponse especial atención na...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muraso II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.
Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou no Concello de Muraso I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.
Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.
... leer más