O grupo de sendeirismo da ACD. Xove clausura o ano de Rutas 2017 cun percorrido polo concello de Xove o domingo, 26 de novembro.
A ruta discorrerá pola senda dos ríos Guilán e Rigueira, recentemente acondicionada, e ten unha distancia de 10´5 quilómetros. A saída será dende o Centro Cívico de Xove ás 10:00 horas, e o regreso ao mesmo punto. Despois os participantes que o desexen xuntaranse nunha comida de confraternidade no restaurante do Centro Social de Palmeiro.
O prezo para participar na ruta é de balde para os federados e 2 euros do seguro de accidentes. O prezo da comida é 11€.
Colabora nesta actividade o Concello de Xove.