Trata

Etiquetas:
07/02/2024

O Centro de Día Oblatas de Ferrol, en colaboración co Concello de Cedeira, a comunidade Oblata de Ferrol e Cáritas Mondoñedo-Ferrol, organiza un ciclo de conferencias centrado na Xornada contra a Trata. Consistirá nunha aproximación a esta realidade, perfís e claves para a identificación das vítimas. 

Serán impartidas por Roberto Ferreiro, coordinador do Centro de Día Oblatas O Mencer, e unha desas charlas desenvolverase en Foz, concretamente no local parroquial da Unidade Pastoral, que está na rúa Congostra, 20. Será o 14 de febreiro, mércores, ás 17:00 horas.