Deportes
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será amáis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana. Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria, que terá lugar o día 8, na que o fondos recadadosirán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.
Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”.“Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos...
leer másO vindeiro luns, 2 de abril, ás 20:30 horas terá lugar no pavillón de deportes a IV Gala do Deporte, que organiza o Concello de Ribadeo.
Serán 199 os deportistas locais premiados de 13 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugbi, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica. Entre todos eles hai campións de España, de Galicia, de Asturias, provinciais ou comarcais, tamén deportistas que debutaron na primeira división da súa modalidade, hai equipos e tamén deportistas individuais.
O acto estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
O V Triangular de Semana Santa Imdecum reunirá en 2018 as promesas máis novas de ACD Xove, ED Lourenzá e Pescados Rubén Burela FS, na categoría Biberón. O pavillón Monte Castelo de Burela acollerá a competición o venres, 30 de marzo, a partir das 15.45 horas.
O pavillón Vista Alegre, coincidindo co descanso do partido de Segunda LNFS entre Pescados Rubén e Manzanares (inicio ás 17.30 horas), acollerá o acto de clausura con entrega de medallas e algunha sorpresa.
A Delegación de Deportes organiza a III Semana do Deporte que se desenvolverá do 5 ao 9 de abril. Haberá actividades para adultos e nen@s, charlas sobre alimentación saudable e primeiros auxilios no deporte e sobre consellos podolóxicos deportivos. En Burela estará Jordan Bachynski, xogador de baloncesto do Obradoiro, que visitará os colexios e participará nun clínic e nunha mesa redonda. A III Semana do Deporte de Burela foi presentada hoxe no Concello.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que “esta iniciativa puxémola en marcha dende o momento que entramos no goberno, e demostra claramente a aposta polo deporte que facemos desde o Concello de Burela. Esta Semana do Deporte vai empezar o xoves 5 de abril e rematará o luns 9 de abril, cunha serie de charlas e actividades que cremos son moi interesantes, e que o que fan é...
leer másO sábado 31 de marzo o Pavillón Torques, de Marzán, acollerá a partir das 20 horas oito combates de diferentes modalidades de deportes de contacto na primeira edición do evento denominado Foz Fighters. Á presentación asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores anunciaron que “haberá catro combates de boxeo, nos que participarán Ion Gherasim, Marcos Reimóndez, Iago Ríos e Borja Rodil, que ademais é o promotor. Tamén haberá tres combates de kickboking, nos que participarán Pablo Amor e Jorge Ferreira ademais dun combate de máxima rivalidade entre Vanessa Ares (loitadora de Foz e promotora) e Lorena de Burela. Ademais poderemos gozar dun combate de K1, con Beni Córdoba”.
Esta xornada está organizada polo club A Veiga Fighters, ao que pertencen os/as loitadores/as, e conta coa colaboración da...
leer másPádel Club Ribadeo acogerá el II Open de Pádel Balpersa Volvo, que se celebrará del 29 de marzo al 1 de abril en las instalaciones del club ribadense.
En este torneo se establecen varias categorías: 1ª Masculina, 2ª Masculina, 2ª Femenina e Mixta. Los premios para los ganadores serán material deportivo.
Las personas interesadas pueden hacer sus inscripciones en www.mistorneosonline.es, en el número de teléfono 650 624 350 y en la recepción de Pádel Club Ribadeo.
El precio de la inscripción, que ya está abierta, es 18 euros más 10 euros categoría adicional. Está incluido el seguro de accidentes y los inscritos recibirán un polo técnico Volvo. Hasta el momento son 30 las parejas anotadas para participar en esta cita.
En...
leer másA décima edición da ruta cicloturista de montaña Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz, celebrarase o día 1 de abril. Na presentación do evento participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
Desde a organización explican que “a décima ruta BTT Pico da Lebre contará con tres distancias para adaptarse a todos os ciclistas que desexen participar. As inscricións están abertas na web http://bttpicodalebre.galitiming.com. Está previsto que a ruta arranque ás 9:00 horas do día 1 de abril desde a praza Conde de Fontao, no porto de Foz. Desde aí todos os participantes rodarán polo paseo de Malates para ir adentrándose nas primeiras subidas que os levarán aos pés da capela do Santo, que será testemuña de luxo do paso dos ciclistas. Despois de gozar das baixadas do Pico da Lebre, na...
leer másMedela Mtto organiza a IX Ruta de Enduro Medela este domingo, 11 de marzo, a partires das 9:30 horas.
A saída e a meta estarán situadas na Praza dos Campos en San Cibrao.
O percorrido ten unha lonxitude de 38 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e unha dificultade media-alta.
A proba conta co patrocinio de Cerezo Bikes, Alcoa Fundación, Rodabell, Mobilimp, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo.
Mondoñedo acolle esta fin de semana (sábado 10 e domingo 11) a XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade.
A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, quixo destacar a importancia desta iniciativa e o traballo dos 40 socios que integran o Motoclub Ruta N-634 de Mondoñedo, que preside Miguel Arias, e que cada ano organiza unha cita que atrae ata á cidade a centos de persoas que senten paixón polo mundo das motos.
O presidente do Motoclub Ruta N-634, Miguel Arias, lembra que foi no ano 1988 cando se constituíu en Mondoñedo un grupo de moteiros, dos que partiu a iniciativa de organizar unha concentración mototurística que este ano chega a súa 29 edición. Deste xeito, Mondoñedo converteuse na primeira cidade,...
leer másA asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de marzo, unha ruta pola Senda do Oso.
Esta andaina en Proaza-Teverga, en Asturias, ten unha lonxitude de 13 quilómetros e é de dificultade baixa.
O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
Para poder asistir é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas.