Deportes

Etiquetas:
18/09/2017

O novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.  

As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
15/09/2017

O Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici, que se celebrará o 23 deste mes de setembro, sábado.

O Concello de Foz anunciou hoxe que “a inscrición para participar poderá realizarse na Casa da Xuventude focense desde o vindeiro luns, día 18, ata o venres 22 ou no teléfono 982.13.30.37. E tamén é posible apuntarse o mesmo día no lugar de saída da marcha, que é o parque infantil de tráfico (PIT), de 14:30 a 15:30 horas. Este ano de novo pedimos a colaboración co Banco de Alimentos con un quilo de produtos (o que máis se necesita é leite, galletas, cacao, pasta ou produtos de hixiene).

Tamén explican: “partiremos ás 16 horas do PIT ata a praia da Pampillosa, onde teremos o avituallamento. Esta xornada lúdica é un clásico que moitas persoas agardan para compartir unha xornada de deporte en familia...

leer más
14/09/2017

Mañá, 15 de setembro, darán comezo no ximnasio municipal de Barreiros unhas sesións de adestramento persoal que terán lugar ata o 13 de outubro. A actividade, que era presentada polo alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco, é gratuíta, e desenvolverase os mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, en clases dunha hora de duración.   

O rexedor barreirense subliñou que “se trata  dunha actividade que nos parece novidosa e interesante para os rapaces, como son unhas sesións de adestramento persoal. Non se trata simplemente duns adestramentos, senón que aquí en colaboración coa Xunta de Galicia plantexámoslle un proxecto para a mocidade, que é saber adestrar”.

Fuente Parga declarou que “se están incrementando moito as tarefas deportivas e o inicio ao deporte, pero en moitos casos...

leer más
Etiquetas:
14/09/2017

Do 18 ao 29 de setembro estará aberto o prazo de matrícula nas 14 escolas deportivas municipais de inverno, que organiza o Concello. Como novidade incorpórase xadrez “co club recentemente creado en Ribadeo”, segundo subliña o edil de Deportes, David Rivas. 

As modalidades que se impartirán desde setembro e ata maio e xuño do 2018 serán fútbol, fútbol sala, karate, patinaxe, natación, rugby, atletismo, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, tenis de mesa, pádel, hoquei liña e xadrez. 

O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderase efectuar ata o 16 de outubro na conta corrente que o Concello ten aberta en Caixa Rural, poñendo no concepto Matrícula escola deportiva e o nome d@ matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso suporá a baixa na/s escola/s...

leer más
Etiquetas:
12/09/2017

A Concellería de Deportes presentou hoxe as escolas deportivas municipais de inverno que darán comezo o 2 de outubro. Haberá tenis, tenis de mesa, bádminton, patinaxe lúdico, patinaxe artístico e como novidade zumba kids. O prezo de cada actividade é de 6 euros ao mes. As fichas de inscrición deberán entregarse entre os días 25 e 28 deste de setembro.

O concelleiro Ramiro Fernández Rey anunciou que “procedemos á presentación das escolas deportivas municipais de Burela para este inverno 2017-2018. Dentro das actividades que propoñemos temos tenis, tenis de mesa, bádminton, patinaxe lúdico, patinaxe artístico e zumba kids”.

O edil de Deportes explicou que “algunha destas actividades vai dalas o noso propio técnico municipal, Iván Cao, e van ser as de tenis, tenis de mesa, bádminton e patinaxe lúdico. Despois vai...

leer más
Etiquetas:
11/09/2017

O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais que arrincará o vindeiro 2 de outubro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o CEIP Cervo Nº1 para facerlles entrega aos pequenos dos manuais que conteñen toda a información relativa ás actividades e o impreso para formalizar a inscrición que debe ser entregada na Casa da Cultura,na Casa do Concello ou na Casa do Mar.

Villares e Soto animaron aos nenos a que formen parte un ano máis das Escolas Deportivas que cada ano gañan adeptos “tendo en conta os máis de 200 usuarios, nenos e maiores, que participaron na pasada edición”.

Soto destacou que a oferta das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo, que...

leer más
11/09/2017

Mañá, martes, ás doce da noite rematará o prazo de inscrición na IV Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o vindeiro sábado, 16 de setembro, a partir das 17:30 horas. Ata o momento son 714 os inscritos, que poderán retirar os seus chips e dorsais esa xornada entre as 11:15 e as 13:15 horas pola mañá e de 15 a 17 horas no Concello.

Desde a organización lembran que estarán a disposición dos participantes os vestiarios do pavillón polideportivo municipal, sito na avenida de Luarca, tanto para cambiarse antes da proba como para ducharse unha vez rematada. Ademais haberá autobuses cada quince minutos para trasladar aos atletas antes da Media Maratón desde a praia das Catedrais ata o Concello. Será entre as 15 e as 16:45 horas. Así como recollida e traslado de mochilas de corredores desde o Concello ata As Catedrais.  

 ...

Etiquetas:
07/09/2017

A OMIX de Xove mantén aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de longa duración nas modalidades de ioga, bolillos, bordado e bailes de salón. Ademais tamén está aberta a inscrición para os obradoiros do, aerobic e fitness, pilates e pilates para maiores de 50 anos.

O prazo para inscribirse nestes obradoiros remata o día 23 de setembro. 

Tamén está aberto o prazo para apuntarse a informática ata o comezo do curso que será no mes de novembro. Por outra banda o período para anotarse na Escola de Maiores abrangue do día 15 ao 30 de setembro tendo que inscribirse na oficina da educadora familiar.

 

Etiquetas:
07/09/2017

Os equipos da LEB Ouro Breogán e Oviedo enfrontaranse no pavillón Vista Alegre de Burela o vindeiro domingo, 10 de setembro, ás 18:00 horas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destaca o traballo realizado polo seu departamento e o CB Burela para que se dispute este encontro na localidade.

O edil socialista declarou que “dende e Concellería de Deportes e conxuntamente co CB Burela conseguimos que este fin de semana, este vindeiro domingo, veña a xogar un partido de baloncesto ao pavillón Vista Alegre, o Breogán de Lugo”.

O concelleiro de Deportes en Burela lembra que “era unha cousa que andábamos buscando dende xa fai tempo, conseguímolo e a verdade é que nos é de moito agrado poder ofrecer un espectáculo de baloncesto de primeiro nivel a todos os veciños tanto de Burela como da Mariña”.

... leer más
Etiquetas:
06/09/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña. 

Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster...).

Ata o momento, hai preto de...

leer más