Sumoas

Etiquetas:
31/07/2024

A parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as súas festas patronais, na honra a San Antonio, esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4 de agosto. Están organizadas pola asociación Rodagel de Sumoas.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e verbena amenizada polo grupo Tania Veiras e o dúo EpoK.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto a Laura Añon e Ángel Sevilla e Pedro Brmudz.

E o domingo haberá sesión vermú amenizada por José Manuel.

Na presentación destes festexos participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira María Dolores Meitín.