Os Sendeiros de Foz organiza dous andareiros para os meses de novembro e decembro.
O 26 de novembro terá lugar a ruta Cadramón-Viveiró, que discorre pola Serra do Xistral cunhas espectaculares vistas, se o tempo acompaña, véndose o mar e ata Vilalba e As Pontes. O nivel de dificultade é medio e recomendase levar equipo de sendeirismo. A saída será ás 8:00 horas do Concello. Para participar é necesario anotarse antes do mércores 22.
O 9 de decembro a ruta será pola senda costeira Fuciño do Porco dunha dificultade media. A saída será ás 8:00 horas do Concello,e para participar é preciso anotarse antes do martes 5. En ambos casos o número de prazas é limitado.
O prezo para cada unha destas viaxes é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
Os interesad@s poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 94 e 670 369 017, ou no correo ossendeiros@yahoo.es .