Burela
Foz e Burela acollen esta fin de semana o V Torneo Minibasket M&W, organizado pola Asociación Deportiva Drocer e o CB Celtas de Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O torneo, que se xoga desde hoxe ata o domingo, reunirá 230 xogadoras e xogadores entre os 8 e os 12 anos entre Foz -que acollerá os partidos das categorías premini e mini – e Burela – onde se xogarán os encontros da categoría infantil-.
Ademais de equipos do Celtas de Foz o do CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo), Sanxillao (Lugo), Franciscanos (Lugo), Bezana (Cantabria), Gremlims (Pontevedra), Depordima (Orense).
Ademais de equipos do Celtas de Foz, con 3 equipos como anfitrión, odo CB Burela, o torneo contará coa participación de equipos de Ensino (Lugo),...
leer másEste sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas chega á Casa da Cultura de Burela a obra de teatro familiar titulada Facendo o indio, de Galitoon Muppets á Casa da Cultura de Burela.
O Concello de Burela anuncia que é “un espectáculo cheo de humor, música, maxia e moitas aventuras que nos fará viaxar ao salvaxe oeste sen saír da butaca”.
O prezo da entrada é 3 euros.
O Concello de Burela presenta a súa programación especial para a Semana Santa, unha oferta variada de actividades culturais e turísticas que se desenvolverán entre o 15 e o 19 de abril. As propostas están abertas tanto á veciñanza como ás persoas visitantes, cun enfoque de posta en valor do patrimonio local.
Unha das principais atraccións será o Barco Museo Boniteiro, que permanecerá aberto do 15 ao 19 de abril. As visitas realizaranse en cinco quendas diarias: ás 11:00 h, 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h e 18:00 h. Esta actividade permite coñecer de preto a tradición pesqueira local e o importante papel do norte na historia da vila. As prazas poden reservarse a través da páxina web: reservasbarcoboniteiro.burela.org
No ámbito natural programáronse as XeoRutas, que permitirán explorar a costa burelá desde unha...
leer másO ciclo Maraxes da Osa arranca este sábado 11 de abril na Casa da Cultura de Burela coa actuación da cantante Marilia Monzón. A iniciativa, organizada pola Asociación Fanto Fantini e co patrocinio principal do Concello de Burela, ofrece unha proposta cultural centrada na visibilización e promoción do talento feminino no ámbito musical. Os concertos comezarán ás 21:00 h, cunha apertura de portas prevista para as 20:30 h.
As entradas poden mercarse xa a través da web oficial www.osadomar.com e tamén en Wegow, cunha promoción especial para as persoas que xa adquiriran a súa entrada para o festival Osa do Mar 2025. Neste caso poden beneficiarse dun desconto de 5 euros en calquera dos concertos do ciclo, quedando a entrada por 10 euros máis gastos de xestión. Para acceder a esta promoción é necesario...
leer másMerluza D& Burela cerró este martes la jornada de actividades en el Salón Gourmets siendo protagonista del «Merluza del Pincho Challenge, by Xunta de Galicia do Mar», que congregó a chefs de toda España.
Cada uno de los 6 finalistas contó con una merluza que tuvieron que limpiar y utilizar para elaborar en 45 minutos una receta de creación propia. El resto de los ingredientes eran de libre elección, aunque al menos dos de ellos debían ser productos avalados con el sello de Calidad Diferenciada de Galicia.
El jurado profesional lo tuvo difícil para decidir entre propuestas que destacaron por el sabor, la originalidad, la técnica, la presentación y, por supuesto, por dar todo el protagonismo a la calidad, sabor y frescura de la Merluza de Pincho.
Adrián García de Moonlight Experimental...
leer másO Concello de Burela organiza o Día da 3ª Xuventude para o 1 de maio, xoves, no Pavillón dos Institutos. As inscricións para participar estarán abertas do 10 ao 24 de abril na Casa do Concello.
“Este ano, celebramos esta gran xornada de festa e encontro para os nosos maiores no Pavillón dos Institutos a partir das 13 horas, cun vermú de benvida antes da comida. Inscricións abertas ata o 24 de abril. Requisitos para participar: estar empadroado no concello, ter 65 anos ou 60 anos (se es pensionista da Seguridade Social) ou ser xubilado do mar. Podes vir acompañado do teu cónxuxe. Non deixes pasar esta oportunidade de compartir un día de boa compañía e diversión!”,anuncia o Concello de Burela.
A Casa do Concello de Burela acollerá este xoves, día 10 de abril, ás 16:00 horas unha sesión temática sobre a Rede de Turismo Pesqueiro de España, un evento dirixido a todos os actores do sector pesqueiro, náutico, hostaleiro e turístico. A sesión terá como obxectivo dar a coñecer as actividades, obxectivos e funcionamento desta rede, que busca promover e valorar o patrimonio cultural e pesqueiro das zonas costeiras do país.
A xornada dará comezo coa apertura institucional, a cargo de Carmela López Moreno, presidenta da Fundación Expomar; e José Manuel González López, xerente da Fundación Expomar. A continuación, o concelleiro de Mar e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, presentará a Rede de Turismo Pesqueiro, detallando os beneficios de adherirse á mesma e explicando o funcionamento das actividades que levan a cabo para fomentar o...
leer másA exposición Xeración Líder está instalada na Praza do Concello de Burela e poderá visitarse ata o día 22 de abril.
O Concello de Burela anuncia que é “un percorrido visual por 1.000 publicacións de Líder, o suplemento da Voz de Galicia que leva case 20 anos recollendo a paixón polo deporte base lucense. Poderás visitala durante os vindeiros 15 días e descubrir as portadas máis icónicas, reivindicativas e emotivas do fútbol e baloncesto base da provincia. Non perdas esta homenaxe ao esforzo e ilusión de toda unha xeración”.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta de Loiba a Espasante, en Ortigueira, o sábado 12 de abril. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 10 de abril.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este venres, 4 de abril, na presentación de Maraxes da Osa, un ciclo de concertos organizado por Fanto Fantini coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
Marilia Monzón, Mercedes Cañas, Yarea e Caamaño&Ameixeiras completan o cartel deste primeiro ciclo de concertos, que se celebrarán os meses de abril, maio e xuño no auditorio de Burela.
Daniel García augurou “éxito a esta nova iniciativa que ten o aval do traballo de Fanto Fantini co Osa do Mar e que segue ampliando a axenda da música en vivo en Burela e na Mariña" .
O acto contou coa participación de Carmela López, alcaldesa de Burela; Mario Pillado, tenente de alcaldesa; Lina Gómez, concelleira de Cultura, e membros da Fundación Eu Son, que colaboran na actividade de Fanto...
leer más