caixeiros
O Valadouro acolle unha actividade sobre o uso dos caixeiros automáticos dos bancos o 21 de novembro
O Valadouro acollerá unha actividade formativa sobre o uso dos caixeiros automáticos dos bancos de forma fácil e segura. Será o día 21 de novembro, xoves, ás 10:30 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade organizada por Abanca e o Concello do Valadouro, que explica: “na formación danse consellos sobre como utilizar os caixeiros de forma segura e fálase tamén das diferentes operacións que se poden realizar nos mesmos. Unha segunda parte é a prevención da fraude e da ciberseguridade”.
No Centro Sociocomunitario de Mondoñedo desenvolverase un curso sobre o uso de caixeiros automáticos de forma fácil e segura. Será o día 16 de maio, xoves, de 11:00 a 12:30 horas.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo explica que é unha actividade “enmarcada no Programa de Educación Financeira. Ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros de ABANCA para facer as operacións máis habituais en calquera momento”.