O ciclo de concertos “Maraxes da Osa” celebrarase de abril a xuño no auditorio de Burela

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este venres, 4 de abril, na presentación de Maraxes da Osa, un ciclo de concertos organizado por Fanto Fantini coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.

Marilia Monzón, Mercedes Cañas, Yarea e Caamaño&Ameixeiras completan o cartel deste primeiro ciclo de concertos, que se celebrarán os meses de abril, maio e xuño no auditorio de Burela.

Daniel García augurou “éxito a esta nova iniciativa que ten o aval do traballo de Fanto Fantini co Osa do Mar e que segue ampliando a axenda da música en vivo en Burela e na Mariña" .

O acto contou coa participación de Carmela López, alcaldesa de Burela; Mario Pillado, tenente de alcaldesa; Lina Gómez, concelleira de Cultura, e membros da Fundación Eu Son, que colaboran na actividade de Fanto Fantini.

Marilia Monzón actuará o 11 de abril; Mercedes Cañas, o 10 de maio; Yarea, o 14 de xuño; e Caamaño&Ameixeiras, o 28 de xuño.