pesqueiro
A Casa do Concello de Burela acollerá este xoves, día 10 de abril, ás 16:00 horas unha sesión temática sobre a Rede de Turismo Pesqueiro de España, un evento dirixido a todos os actores do sector pesqueiro, náutico, hostaleiro e turístico. A sesión terá como obxectivo dar a coñecer as actividades, obxectivos e funcionamento desta rede, que busca promover e valorar o patrimonio cultural e pesqueiro das zonas costeiras do país.
A xornada dará comezo coa apertura institucional, a cargo de Carmela López Moreno, presidenta da Fundación Expomar; e José Manuel González López, xerente da Fundación Expomar. A continuación, o concelleiro de Mar e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, presentará a Rede de Turismo Pesqueiro, detallando os beneficios de adherirse á mesma e explicando o funcionamento das actividades que levan a cabo para fomentar o...
leer más