
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta de Loiba a Espasante, en Ortigueira, o sábado 12 de abril. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 10 de abril.