Barreiros
O Concello de Barreiros organiza para este xoves, día 21 de novembro, ás 11:00 horas a presentación da súa nova APP turística. O evento terá lugar nas escolas de San Cosme e está dirixido a todas as persoas interesadas, con especial atención ao sector servizos e á hostalaría.
“Esta aplicación, deseñada para ofrecer unha experiencia única, permitirá acceder a toda a información turística do municipio dunha maneira máis práctica e accesible. Esta iniciativa busca modernizar a promoción turística e facilitar o acceso á información, reforzando a aposta do Concello por posicionarse como un destino atractivo e accesible para todos os públicos mellorando a experiencia das persoas visitantes e poñendo en valor os recursos do municipio”, explica o Concello de Barreiros.
A aplicación xa está dispoñible para descargar en...
leer másBarreiros acoller á a proxección do documental titulado “En deuda con todas” no centro sociocultural de San Cosme o domingo 24 de novembro, ás 18:00 horas.
O Concello de Barreiros explica que esta actividade “trátase da visualización do documental titulado En deuda con todas, sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador, o dereito a decidir sobre os nosos corpos, cuestión de xustiza. Seguido da proxección haberá un espazo de reflexión. É unha actividade aberta ao público xeral para dar a coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+”.
Este domingo, 17 de novembro, terá lugar a III Marcha de BTT organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros.
Trátase dunha proba deportiva non competitiva de bicicleta de montaña que discorre por pistas e sendeiros na contorna do concello de Barreiros. A ruta pasará por puntos moi fermosos como son a fraga do Santo Estevo do Ermo, o xacemento de A Roda e subirá aos cumios de Penabor e Comado.
A saída darase ás 9:30 horas desde a pista de Pádel en San Miguel de Reinante e as e os participantes deberán cubrir unha distancia de 34 km e 1.100 metros de desnivel positivo. Segundo sinalan desde a asociación organizadora, “Ao non ser unha proba competitiva, haberá variantes ben sinalizadas nos puntos de maior dificultade para que todo o mundo poida gozar da xornada sen verse limitado pola súa destreza ou...
leer másMáis de 200 persoas xa están inscritas na sexta edición da carreira popular Ao Son do Masma, última proba das seis que compoñen o circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros e que terá lugar este domingo, 10 de novembro desde as 10:30 horas nas escolas de Celeiro de Mariñaos.
O prazo de inscrición estará aberto ata este xoves 7 de novembro a través da web oficial do circuíto: www.maiskmsbarreiros.gal. A proba conta con categoría adulta (salmóns), sub-16 (sollas), sub-14 (lampreas), sub-12 (anguías), sub-10 (reos), sub-8 (troitas) e pitu@s (troitiñas). Todas as categorías de menores son con inscrición gratuíta.
A saída da andaina, que terá...
leer másEn vista do interese por participar nesta actividade, o Concello de Barreiros modifica as bases das Escolas Deportivas Municipais para que a rapazada de 13 e 14 anos tamén se poida anotar en skate. O inicio da actividade está previsto para o xoves 7 de novembro e impartirase todos os xoves de 16:00 a 17:15 horas no pavillón do CEIP San Miguel de Reinante.
“As persoas interesadas podedes inscribirvos nas oficinas do Concello, onde se vos facilitará a folla de inscrición ou tamén través da sede electrónica municipal ata cubrir as prazas”, explica o Concello de Barreiros.
O Concello de Barreiros celebra o Día da Biblioteca con actividades desde este xoves, día 24 de outubro, ata o sábado 26.
“Este xoves, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas, unha data especial para recoñecer o valor destes espazos como fontes de acceso á cultura, á información e ao coñecemento para todas e todos. Desde o Concello de Barreiros queremos celebralo cun obsequio moi especial! Todas as persoas que vos acheguedes ás bibliotecas de San Cosme ou San Xusto os días 24 e 25 de outubro recibiredes un marcapáxinas
O sábado 26 de outubro ás 19:00 horas agárdavos unha actividade para toda a familia nos Colexios Vellos de San Miguel. Mircrominia Títeres presentará Alma de Cartón, unha actuación que está enmarcada no circuíto de teatro profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo”, anuncia o Concello de Barreiros....
O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, anuncia que o día 10 de novembro, domingo, disputarase a sexta edición da Carreira Ao Son do Masma, a última do Circuíto +Kms Barreiros. As actividades empezarán ás 10:30 horas co inicio dunha andaina, ás 11:00 empezarán as carreiras dos nen@s e ás 12 do mediodía será a saída da carreira de absolut@s.
“Xa descansados do inigualable VIII Trail Monte Comado, agora toca rematar cunha carreira máis tranquila nun entorno relaxado como é Río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos”, explica Ollomao.
As inscricións están abertas en www....
leer másEste xoves, día 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00 horas na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).
A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.
Esta visita está organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo e a Fundación Eira da Xoana (asociación ecoloxista Adega) e nela informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.
O concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.
A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”
“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de...
leer másA asociación Praias de Comado organiza conxuntamente co Concello de Barreiros unha nova edición do Trail Monte Comado que volverá contar, na mañá do domingo 13 de outubro, con dúas distancias: 12 e 26 kms.
Dende o Concello de Barreiros, organizador do Circuíto +Kms Barreiros no que se inclúe esta proba, destacan “a importante aposta a nivel económico e de traballo organizativo cara ás probas que integran o circuíto, xa que é unha forma tamén de apostar polo turismo deportivo e desestacionalizalo; así como de colaborar coas asociacións do Concello”, manifestou a alcaldesa, Ana Ermida.
A rexedora sinalou o “empuxe dado ás carreiras populares desde o Concello nos últimos anos, organizando un circuíto que inclúe todas as carreiras que se celebran no municipio e converténdoas nunha cita non só deportiva, senón tamén...
leer más