Eventos

Etiquetas:
18/11/2024

O Concello de Xove organiza diversas actividades contra a violencia de xénero desde este xoves, día 21 de novembro, ata o 9 de decembro.

Este xoves proxectarase o documental titulado "En deuda con todas", actividade de Cineforo ACPP (Fondo Galego de Cooperación). Será ás 20:30 horas na Aula de Formación.

O luns 25 de novembro haberá unha proxección das Viñetas Narradas polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón ás 11:00 horas no Salón de Actos. A continuación terá lugar a lectura dun manifesto e a creación de un gran lazo morado na Praza do Concello, simbolizando a importancia de cada persoa na unidade fronte á violencia contra as mulleres.

Para o día 2 de decembro, luns, está programado o taller titulado “Os cambios na pubertade e a chegada da menstruación”,...

leer más
Etiquetas:
18/11/2024

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Foz programa varias actividades ata o día 4 de decembro: unha exposición, unha concentración, un espectáculo de contacontos, unha representación teatral e unha charla.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica: “como cada 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o Concello de Foz volvemos manifestar o noso constante compromiso para erradicar calquera tipo de violencia machista e transmitir á sociedade a importancia de traballar valores a prol da igualdade e o respecto polas persoas”.

A programación de actividades polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Foz xa comezou a inicios do mes de novembro coa exposición Mulleres de...

leer más
18/11/2024

La Asociación Española Contra el Cáncer organiza una cena solidaria en Viveiro el día 30 de noviembre, sábado. Será en el  Hotel Resort Las Sirenas Talaso Cantábrico a las 21:00 horas.

El precio es de 45 euros y las reservas y recogida de invitaciones pueden realizarse a través del teléfono 982.560.200.

“Si no puedes asistir colabora en mesa cero con la aportación económica que tu elijas. Para cualquier duda o aclaración puedes llamar al 982.25.08.09 o mandando un correo electrónico a lugo@contraelcancer.es”, explica la organización.

Etiquetas:
17/11/2024

A segunda edición do Mercado de Nadal en Alfoz celebrarase o día 6 decembro, venres, no atrio de San Pedro. Será de 11:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor.

Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, turróns, bixutería, obradoiro para os máis pequenos/as ás 12:00 e ás 17:00 horas e sorteo de produtos.

Ademais ás 18:30 horas farase o acendido as luces de Nadal a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación actuará o Coro de Mondoñedo.

A organización do evento destaca que haberá carpa e calefacción.

16/11/2024

A cita está organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

Ás 12:30 horas haberá misa na capela de Sn Andrés e ás 14:30 horas será o xantar no restaurante O Noso Lar. 

As persoas interesadas en acudir poden adquirir os tíckets no propio restaurtante. 

 

Etiquetas:
15/11/2024

O Concello de Cervo anima a asistir ao II Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o sábado 21 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da asociación que se encarga do evento  que contará coas actuacións o Grupo Beatriz, a orquestra Waykas e con DJ Pablo Conxuro, como peche de festa.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas. Parte da recadación pola venta de entradas irá destinada á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.

Haberá tamén servizo de autobuses para desprazarse ata o Festival e diferentes sorteos e sorpresas durante o evento; entre elas o sorteo dunha escapada...

leer más
14/11/2024

La diócesis de Mondoñedo Ferrol anuncia que este sábado, 16 de noviembre, la catedral de Mondoñedo “volverá a abrir sus puertas para el culto y para el turismo. Desde el pasado 7 de octubre esta se encontraba cerrada a consecuencia de las obras de canalización de la nueva instalación eléctrica. Durante este mes se han realizado estas obras, levantando parte del ensolado de la catedral, siempre supervisado por técnicos de la Xunta. A partir de este sábado se retoman las visitas turísticas en el horario habitual así como los cultos. Precisamente este mismo sábado el obispo diocesano, monseñor Fernando García, presidirá a las 17:00 horas una celebración eucarística con motivo de 10º aniversario de la Asociación Somos Unidos por el Cáncer. A continuación, a las 19:00 horas, presidirá también la celebración de las confirmaciones para un grupo de jóvenes de Mondoñedo”....

14/11/2024

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, celebra a décimo sétima edición do seu festival día 14 de decembro, sábado.

“Coa actuación destacada de Xosé Antonio Touriñán, haberá tamén sendeirismo, música, gastronomía... Unha proposta irresistible”, anuncia a organización.

O programa inclúe estas actividades: ás 12 horas, Ruta das Minas (guiada e gratuíta), inscrición en asociacionasminas@gmail.com; ás 14 horas, sesión vermú; ás 17:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 17:40 horas, contacontos inclusivo con DI y lo Amorodos; ás 18:00 horas, interacción infantil con Os Bolechas; ás 19:00 horas, Grupo Tambukda, de Lugo, polas rúas e bares do pobo; ás 20:00 horas, degustación gratuíta de callos na carpa da asociación, amenizada por Grupo...

leer más
Etiquetas:
13/11/2024

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol, de Celeiro, cumpriu cen anos de historia e celebrará este centenario cunha exposición conmemorativa e unha serie de actividades que poñen en valor a súa rica tradición pesqueira e a identidade dun dos portos máis emblemáticos do norte de Galicia. Esta acción, financiada pola Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña - Ortegal, está enfocada á promoción e difusión do patrimonio mariñeiro de Celeiro. A exposición inaugurarase o mércores 20 de novembro ás 11:30 horas no edificio social da confraría e será de carácter permanente. O acto é aberto ao público en xeral e contará con música en directo  a cargo de Sons de Celeiro e un showcooking con degustación de pescada de Celeiro, convertendo a xornada nunha festividade que homenaxea a tradición...

leer más
Etiquetas:
13/11/2024

A Comisión de Festas do San Roque de Viveiro organiza unha cea baile de Nadal que se celebrará o día 21 de decembro, sábado. Será ás 22:00 horas no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico. Actuará DJ Eventec ata as 03:00 horas e haberá barra libre e sorteos.

Os organizadores explican que “o Nadal é o momento perfecto para xuntarse cos teus, rir das anécdotas do ano, e lembrar todos os bos momentos que pasamos en familia e con amigos (e para sobrevivir ás historias do cuñado, claro). Por iso, a nosa Cea de Nadal é a mellor maneira de chegar con forza á Noiteboa! Este 21 de decembro anímate a vir ao Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico para gozar dunha noite máxica e moi especial! Anótate enviando un correo a comisionviveiroenfestas@gmail.com ou pásate polo Doce Bar (Praza...

leer más