Eventos

Etiquetas:
01/12/2024

O Concello de Burela anuncia que acenderá as súas luces de Nadal o venres 6 de decembro na Praza do Concello “cunha gran celebración. A partir das 17:30 horas haberá pintacaras, animación infantil, chocolatada, música e panxoliñas”.

O acendido do alumeado de Nadal será ás 19:00 horas.

01/12/2024

A parroquia focega de Vilaronte inaugurará o seu alumeado de Nadal cunha festa que se celebrará o día 8 de decembro, domingo, desde as 19:30 horas, no atrio da igrexa.

O evento está organizado pola asociación O Atrio, de Vilaronte, que anuncia: “para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación musical do grupo Mar Aberto, de Foz; caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Será unha noite chea de alegría, música e boa compañía”.

30/11/2024

O día 7 de decembro, sábado, ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela celebrarase cun concerto audiovisual a historia da asociación cultural Dambara e da agrupación Santo Inocencio, de Burela. Será un concerto “con imaxes e momentos emotivos”, anuncia a organización do evento.

Os actos da xornada continuarán ás 21:30 horas cunha cea conmemorativa na carpa da praza e a actuación dun DJ a partir das 23:59 horas.

30/11/2024

A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música

“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.

 

Etiquetas:
29/11/2024

Ana Pena, Guía Oficial de Galicia e xerente de Guía tu día, organiza diversas rutas en decembro. "Con estes paseos pretendo propoñer alternativas para coñecer o territorio en meses máis tranquilos, pero sen dúbida especiais pola época do ano na que nos atopamos, con paisaxes espectaculares", explica Ana Pena.

A primeira das rutas terá lugar este domingo, 1 de decembro, no Valadouro. Un paseo circular de 6 km que combina a Ruta dos Pozos coa visita ao Museo do Mel, o único co que conta a Mariña.

Xa na ponte festiva, o sábado 7 será en Rinlo. Nesta andaina litoral coñecerase a historia deste pobo mariñeiro e visitaranse as cetarias, empregadas para a conservación do marisco.

O domingo 8 terá lugar un paseo pola cidade de Viveiro. Visitaranse os principais recursos e o Belén a tamaño natural...

leer más
29/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia está celebrando o 50 aniversario súa fundación e anuncia que “continuando cos actos conmemorativos este domingo, día 1 de decembro, ás sete da tarde ofrecerase unha misa na honra das persoas socias, colaboradoras e familiares que finaron ao longo destes anos. Convidamos a participar a tódalas persoas que así o desexen”.

Ledicia engade: “aproveitamos para agradecer o agarimo recibido nestes días e anunciar que o vindeiro 27 de decembro terá lugar un concerto de panxoliñas na igrexa de Vila do Medio”.

Etiquetas:
28/11/2024

Foz continúa esta fin de semana, do venres 29 de novembro ao domingo 1 de decembro, coa súa ampla programación cultural, con dúas representacións teatrais e un concerto.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz é sinónimo de investimento cultural. Esta fin de semana volve a ser intensa, con actividades todos os días e para toda a familia” e especifica: “este venres comezamos coa representación teatral Invisibles, de Redrum Teatro. Será na Sala Bahía ás 20:30 horas, con entradas a 5 euros. Invisibles é todo o que non queremos que sexan os casos de violencia contra a muller. Por iso traemos esta obra con fonda mensaxe social. O sábado ás 20.00 horas na Sala Bahía a Banda de Música de Foz celebrará o seu concerto de Santa Icía, para facernos desfrutar a todos da boa música. Este ano os...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O Club de Fútbol Celta Barreiros e a comparsa Os Macanudos organizan un xantar baile que se celebrará este domingo, día 1 de decembro, no polideportivo de San Cosme de Barreiros.

As actividades da xornada comezarán ás 13.30 horas con sesión vermú; ás 14:30 horas empezará o xantar e continuación haberá baile. A música correrá a cargo de Conxuro Discomovil e haberá sorteos e sorpresas.

Etiquetas:
27/11/2024

Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.

En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá. 

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.

A concelleira de Educación e...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco. 

O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”. 

O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...

leer más