O Concello de Xove organiza actividades contra a violencia de xénero do 21 de novembro ao 9 de decembro

O Concello de Xove organiza diversas actividades contra a violencia de xénero desde este xoves, día 21 de novembro, ata o 9 de decembro.

Este xoves proxectarase o documental titulado "En deuda con todas", actividade de Cineforo ACPP (Fondo Galego de Cooperación). Será ás 20:30 horas na Aula de Formación.

O luns 25 de novembro haberá unha proxección das Viñetas Narradas polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón ás 11:00 horas no Salón de Actos. A continuación terá lugar a lectura dun manifesto e a creación de un gran lazo morado na Praza do Concello, simbolizando a importancia de cada persoa na unidade fronte á violencia contra as mulleres.

Para o día 2 de decembro, luns, está programado o taller titulado “Os cambios na pubertade e a chegada da menstruación”, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. Será ás 10:30 horas no Salón de Actos.

E o 9 de decembro desenvolverase un encontro e debate titulado “Hai saída grazas a ti”, co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Illa de Sarón ás 11:00 horas no Salón de Actos.

Estas actividades están organizadas pola Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove.