Eventos
O Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.
O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.
Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
AciaFozCCA colaborará por cuarto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 26 de abril ao 2 de maio.
A delegada da AECC en Foz, Nieves Moreda, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de presentala.
Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.
Nieves Moreda dixo que “como el año pasado hubo una interrupción por culpa de la pandemia, vamos a empezar otra vez con actos de los que se pueden realizar en este momento. Este que acabamos de presentar es uno, porque no hay contacto físico de persona a persona...
leer másO Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega.
Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que forma parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín. Tamén estiveron os respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.
Así, o novo elemento instalado hoxe, procedente dun barco pesqueiro, irá acompañado dunha placa que advirte de que aqueles que toquen a campá adquiren a “obriga” de visitar Portomarín. Neste municipio xa hai outro sino idéntico que anima a ir ao Vicedo.
Arias destacou o feito de que ambos municipios se puxesen dacordo para impulsar “esta singular iniciativa” que, de seguro, vai incentivar o “tránsito de visitantes entre os dous concellos, entre o interior...
leer másA Fundación Expomar acordou, na reunión do comité executivo celebrada onte, que este ano non haberá Feira Naútico Pesqueira en Burela debido a que non se da a seguridade suficiente para a súa celebración. A vindeira edición terá lugar en 2023. Neste 2021 si que haberá, os días 20 e 21 de maio, as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que, por segundo ano consecutivo, terán lugar de xeito telemático. Nos vindeiros días iranse pechando o programa e os poñentes.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “onte fixemos unha reunión ordinaria do comité executivo da Fundación Expomar, xa estaba acordado facela despois da Semana Santa. Basicamente estivemos estudando todo respecto ás Xornadas Técnicas e ao Encontro Empresarial que pretendemos facer os días 20 e 21 de maio”.
Llano subliñou que “decidimos este ano...
leer másAlfoz, Foz, Barreiros e Viveiro acollerán nos vindeiros sete días cadansúa intervención artística arredor da figura de Rosalía de Castro. Os graffiteiros e muralistas Manuel Andrés Pallín, de Concepto Circo, e Van Kraft encargaranse de realizar murais que evocan a autora en diferentes espazos públicos.
No caso de Alfoz, o mural realizarase nun lateral do pavillón polideportivo mañá martes. O venres, a intervención será nun muro do polideportivo situado a carón da Praza de Rosalía de Castro de Foz, no Campo da Cabana. O sábado será a quenda de San Cosme de Barreiros, que homenaxeará Rosalía no parque de skate situado a carón do teleclube, recentemente instalado. Por último, o luns 19 a figura da autora cabeceira da literatura galega renovará a entrada da biblioteca pública de Viveiro.
As intervencións artísticas...
leer másO Concello de Cervo acondiciona unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, achegáronse ata o edificio para supervisar os traballos que se realizan este días cun dobre obxectivo “brindarlle aos diferentes colectivos un espazo adecuado para o desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que lle damos unha nova vida a este edificio municipal tan emblemático con máis dun século de historia”.
A adecuación da vella escola de San Román -inaugurada no ano 1915- vai en consonancia coa filosofía que persegue este equipo de goberno, “pois buscamos, na medida do posible, que os diferentes espazos municipais teñan a súa utilidade, poñéndoos, ao servizo da veciñanza; ben de persoas...
leer másO Concello de Cervo vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda a información precisa para descubrir esta contorna excepcional do municipio.
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica...; para que as persoas...
leer másA Área de Turismo do Concello de Barreiros deseñou un novo percorrido turístico-cultural autoguiado pola parroquia de San Cosme chamado “O Barreiros dos nosos antergos”, en castelán “El Barreiros de antaño”.
Durante este percorrido, deseñado a modo de visita guiada, expoñerase o vínculo entre o patrimonio etnográfico máis propio de Galicia e o posterior legado daqueles que emprenderon a aventura de facer as Américas. Compleméntase con descricións audio guiadas e relatos sobre a nosa historia.
Como puntos de interese inclúe casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e casas labregas. Sae da Oficina de Turismo e percorre os núcleos de San Cosme, Vilar, Áspera, Viladaíde, San Bartolo e Remior; retornando de novo a San Cosme.
Conta cunha lonxitude aproximada de 10Km e pódese facer a pé...
leer más