Eventos
A Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade ven de presentar as actividades que organiza para este verán. As inscricións ábrense o día 7 de xuño e deberán facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Xuventude. Haberá Vacacións Activas, Ribadeo Mocidade Urbana e Conectividade en Ribadeo. En toda a programación terán preferencia as nenas e nenos empadroados e escolarizados en Ribadeo, con idades entre os 4 e 16 anos.
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “queremos presentar as actividades deste verán 2021, despois da pandemia e da suspensión do ano pasado. Imos intentar facelas este ano de acordo co protocolo covid e tendo en conta as medidas hixiénico sanitarias que nos marquen no seu momento e que están vixentes no día de hoxe”.
A edil ribadense...
leer másEste domingo, 30 de maio, o Centro de Interpretación da Mariña en Foz acollerá o programa de radio especializado en viaxes Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero Esther Eiros e que se emitirá en directo para toda España dende o Cenima.
Trátase dunha importante acción de promoción que leva a cabo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para a promoción do xeodestino, con cargo ao convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo. Colaboran coa iniciativa o Concello de Foz, a FCAM, AciaFozCCA, Merluza de Burela, IXP Faba de Lourenzá e Vermú Arnao, de Discosta Norte.
Esta colaboración público-privada ten por obxectivo a promoción a nivel nacional dos atractivos turísticos da Mariña Lucense, do seu comercio, da hostalería e do produto local pensando na reactivación económica da comarca, a...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente presentaron o calendario das Xeorutas do verán de 2021, que se desenvolverán durante 22 días desde principios de xullo ata mediados de setembro.
O edil Ramiro Fernández Rey explicou que “desde as Delegacións de Medio Ambiente e de Turismo vimos de presentar as Xeorutas deste verán de 2021. Este ano decidimos apostar fortemente por este tipo de turismo activo, xa que as edicións anteriores deron uns resultados moi bos estas actividades. Neste 2021 decidimos reforzar as Xeorutas. Imos ter dúas semanais desde xullo ata setembro e en total serán 22 días de rutas durante todo o verán”.
O concelleiro de Turismo contou que “esta é unha das principais novidades que imos ter no ámbito turístico durante este ano, pero estamos planificando outras actividades, que agardamos que...
leer másO Concello de Trabada abriu este venres, 28 de maio, e ata o 11 de xuño o prazo de inscrición nos seus Campamentos Urbanos de Verán 2021, co obxectivo prioritario de axudar ás familias a conciliar a vida persoal e laboral.
O Concello inclúe estes campamentos dentro das medidas sociais dirixidas a consolidar nova poboación no municipio, establecendo unhas bases que dan preferencia a determinadas necesidades familiares.
“Cunha clara intención de protección social, daremos prioridade ás familias monoparentais, numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen, dándolles un servizo de atención e coidado aos menores coa finalidade de compatibilizar o período non lectivo coa xornada laboral”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.
A preinscrición será...
leer másA Concellería de Cultura anuncia que aqueles veciños e veciñas que queiran acudir á lectura do pregón das festas patronais de Burela deberán anotarse previamente na Casa da Xuventude. Os festexos arrancan este sábado, 29 de maio, co pregón que pronunciará o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e presidente da Confraría de Burela, Basilio Otero. A continuación terá lugar o concerto de Nostálgica.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “se hace así para completar el aforo de manera segura y tener el listado de todos los que asistan. En vez de hacerlo el mismo día del pregón, porque puede complicar más la situación, lo mejor es que la gente que quiera ir al pregón llame a la Casa da Xuventude al teléfono 982 58 11 41 y se anote. Allí dejarán el nombre, apellidos y un teléfono de contacto, e irán anotándolos...
leer másEste domingo, día 23, ás 13:30 horas no quiosco da música do Cantón laurentino o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas coa colaboración da Banda de Música da localidade. Haberá música, recital e a entrega de premios do certame de poesía.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o programa consistirá nun recital poético onde se lerán poesías de Xela Arias e as premiadas no certame de poesía convocado pola Concellería de Cultura. A Banda de Música interpretará a Marcha do Antigo Reino de Galicia, Negra Sombra e o Himno Galego, que pechará o acto”.
Manuel Arango destacou que “dado o gran número de participantes e a calidade das obras presentadas ao certame de poesía o xurado decidiu conceder, ademais dos premios previstos, un accésit en cada categoría. Os gañadores recibirán 50...
leer másBurela celebrará as súas festas patronais cun formato adaptado aos tempos actuais que seguen marcados pola pandemia. Haberá pregón, animación musical polas rúas, actos relixiosos e a confección dunha alfombra floral na praza do Concello, entre outras actividades. O pregoeiro deste 2021 será Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e presidente da confraría de Burela. A programación comezará o 29 de maio e rematará o 8 de xuño.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela, Toñi Eijo, anunciou que “o día 29 de maio, ás oito da tarde, temos o pregón a cargo de Basilio Otero. Elixímolo por estar na Confraría de Burela, que sempre apoiou e apoia as festas de Burela, en concreto tamén el. É presidente da Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela...
leer másBarreiros presenta a plataforma virtual AEscola, que será a ferramenta de divulgación cultural máis ambiciosa do concello e que servirá de carteleira de actividades, aula virtual interactiva e contará con espazos para os eventos das distintas asociacións culturais e centros educativos do concello.
"Este soporte facilitará que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma constante, o que a converte nunha ferramenta actual e perdurable no tempo, así como traballar de forma coordinada desde as distintas áreas" sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A plataforma poñerase en marcha o luns 17 de maio cunha serie de actividades virtuais relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas, as cales contarán con distintos niveis de dificultade.
Trátase dun espazo virtual...
leer másEl Pescados Rubén Burela FS acaba de lanzar su tienda online con las indumentarias oficiales de Primera RFEF Masculina y Femenina 2020-21, además de calzado y artículos novedosos.
Accesible a través de la dirección www.burelafs.org/tienda/ y con el eslogan “Siente los colores”, la Tienda Laranxa ofrece la posibilidad de adquirir de una forma muy sencilla los productos oficiales de la entidad, con tallas infantiles y adultas y modelos de hombre y de mujer.
Con unidades limitadas, uno de los artículos más demandados en los primeros días de apertura de la tienda ya está siendo la camiseta conmemorativa de la 4ª Copa en la Historia Laranxa, tras la reciente reafirmación del trono de Copa de S.M. La Reina en Las Rozas. Estas camisetas son además los primeros productos...
leer más