Eventos

Etiquetas:
10/06/2021

As fogueiras de San Xoán e San Pedro estarán prohibidas, un ano máis, en espazos públicos e só poderán celebrarse en lugares privados cumprindo unha serie de requisitos, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez. Os permisos xa se poden solicitar no Concello ata o 22 de xuño para as fogueiras de San Xoán e ata o 25 para as do San Pedro.

Suárez Barcia dixo que “dentro de poucos días xa temos aquí o San Xoán e o San Pedro e con eles a celebración das fogueiras. Este ano, desde o Concello de Ribadeo, temos en conta a situación excepcional derivada da crise sanitaria do covid-19 e as medidas hixiénico sanitarias de prevención que temos que manter as diferentes administracións públicas de forma excepcional, tamén para este exercicio 2021”.

O rexedor subliñou que “en primeiro lugar, prohibimos e prohibiremos a...

leer más
Etiquetas:
10/06/2021

O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.

O prazo de inscrición comeza o día 10 de xuño e rematará o día 17 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (18 de xuño para persoas non empadroadas). 

As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 10 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección...

leer más
Etiquetas:
09/06/2021

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".

Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.

O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.

As persoas interesadas en...

leer más
Etiquetas:
08/06/2021

O vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

A Concellería de Turismo presentou as actividades das que poderán gozar aquelas persoas que pasen o verán en Burela ou na zona. Haberá Xeorutas, visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio, ás redeiras e ao barco museo Reina del Carmen. O concelleiro, Ramiro Fernández Rey, subliña a forte aposta realizada polo Concello e agarda que estas alternativas sexan un éxito.

O edil burelés explicou que “desde o Concello de Burela queremos anunciar toda a programación turística que imos ter durante este verán. Este ano intentamos innovar, facer cousas novas e reforzar o que xa tíñamos programado. Fai uns días xa presentábamos as Xeorutas. Este ano reforzámolas para poder desfrutar das nosas marabillas xeolóxicas aquí en Burela. Este ano, ademais imos engadir unha visita guiada ás pinturas da igrexa de Vila do Medio. É unha nova iniciativa e esperemos...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

Burela prepárase para vivir dun xeito diferente a fin de semana grande das súas festas patronais, marcadas neste 2021 pola situación sanitaria ocasionada polo covid. 

Hoxe, venres, ás oito da tarde na praza da Mariña terá lugar o concerto do grupo de rock da Escola Municipal de Música de Burela. Mañá, 5 de xuño, desde as nova da mañá na praza do Concello desenvolverase a confección da alfombra floral. E haberá pasarrúas a cargo da Mekánika Rolling Band e da A.C.M. Dambara, un entre as 12 e as 15 horas e outro entre as 19 e as 21 horas. Xa ás nove da noite celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Santa María.

O domingo, 6 de xuño, a Banda de Santo Inocencio de Teixeira ofrecerá un pasarrúas por Burela. E ás 12 haberá de novo misa solemne na igrexa parroquial e á unha do mediodía interpretación da salve...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.

Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos...

leer más
Etiquetas:
04/06/2021

A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, a nacionalista Mónica Freire ven de presentar a campaña de sensibilización mariña Coida os mares, coida a vida xunto aos representantes de Adega, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz. 

Con esta campaña, a Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade pretende poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal coa que contamos no litoral da provincia de Lugo para poder conservar e utilizar de xeito sostible os nosos recursos mariños.

Por este motivo, coincidindo co día mundial dos océanos o vindeiro 8 de xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) iniciará unha serie de actividades de educación ambiental, dirixidas a mozos e mozas en idade escolar en varios...

leer más
Etiquetas:
03/06/2021

O 11 de xuño convocan unha reunión informativa sobre o programa Ludiverán  ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño. As actividades están destinadas a nenas e nenos nados de 2009 a 2017. Desenvolveranse do 5 xullo ao 27 de agosto en 4 quendas de 10 a 13 horas de luns a venres (laborables).

Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Inscrición: https://drive.google.com/.../1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c.../view...

Bases: https://drive.google.com/.../1tkDm6QJ24u598a.../view...

Etiquetas:
03/06/2021

Do 1 de xullo ao 26 de agosto terá lugar unha nova edición da Ocioteca de Verán do Concello de Burela. Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, subliñou que ten como obxectivo axudas ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival. 

Eijo explicou que “a Delegación de Medio Ambiente oferta un ano máis as actividades de verán, durante os meses de xullo e agosto, para as nenas e os nenos de infantil e de primaria co obxectivo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar durante a época estival”.

A edil de Medio Ambiente dixo que “as actividades da Ocioteca de Verán 2021 levaranse a cabo no Ceip Virxe do Carme. Comezarán o 1 de xullo e rematarán o 26 de agosto en horario de 9 a 13:30 horas”. 

Toñi Eijo engadiu que “as bases e a folla de inscrición...

leer más