Xacobeo
Os Concertos do Xacobeo chegan os días 4 e 5 de novembro a San Ciprián con Tanxugueiras e Roi Casal.
No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.
O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.
E no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.
A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.
O vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.
Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.
O trío galego Tanxugueiras abrirá o próximo domingo en Cervo os Concertos do Xacobeo na provincia de Lugo, que ao longo dos vindeiros meses achegarán a distintos concellos artistas de primeiro nivel con diferentes estilos musicais.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que arrinca ás 21.00 horas na praza dos Campos de San Cibrao co espectáculo que ofrecerán as cantareiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dentro da súa xira Midas.
Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.
O acceso será libre e gratuíto. Arias apuntou que se escolleu un espazo aberto con facilidades de acceso “...
leer másA Xunta de Galicia ilumina 15 edificios emblemáticos da provincia de Lugo para darlle a benvida ao Ano Santo 2022, nunha edición ampliada da iniciativa Acende o Xacobeo a desenvolver nas fins de semana do Nadal e que comezou o pasado día 23.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, volverá iluminar entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro as localizacións seleccionadas, coa frecha frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul. Con respecto ao ano pasado, sumáronse tres novos puntos en Triacastela, Monterroso e Palas de Rei.
Así, no Camiño Francés ilumínanse a Igrexa de San Miguel de Monterroso, as Casas Consistoriais de Palas de Rei e Triacastela, a igrexa de Santa María A Real do Cebreiro, a de San Nicolas...
leer másEl próximo domingo, 25de julio, es la celebración de Santiago Apóstol. Viveiro participará por iniciativa de la Hermandad de Mujeres de la Santa Cruz en la elaboración de la alfombra mundial del Xacobeo 2021. Será en la Praza Maior, donde se realizará una alfombra común en 250 ciudades de alfombristas pertenecientes a 28 países de los cinco continentes.
Vendrá a ser la huella de los alfombristas del Camino de Santiago. Cientos de personas las elaborarán en México, India, Italia, Perú, Guatemala, Portugal, Azores, Argentina, Honduras, etc. y por supuesto innumerables puntos de nuestra geografía de España.
La autora del tapiz es Dolores Grela con un equipo de mujeres de la Santa Cruz. A las 12 de la mañana habrá un momento especial acompañados por los gaiteiros juveniles de Bágoas da Terra.
O Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega.
Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...
leer más