Eventos
O vindeiro sábado, 3 de abril, ás 16.00 horas dará comezoa ruta xeolóxica polas praias do Concello, entre Fontela-Balea e Arealonga, que organiza o Concello. Terá unha duración aproximada de 3 horas (sen contar o regreso). Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
As prazas serán limitadas.Imprescindible inscrición previa enviando un correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal con: nome, apelidos e DNI de tódolos participantes xunto co teléfono de contacto e o concello de procedencia.
O prazo de inscrición remata o día 2 de abril ás 14.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta
A realización da actividade e/ou o número final de participantes queda supeditada ás condicións meteorolóxicas e ás correspondentes actualizacións...
leer másO Concello de Foz presenta a programación de primavera Sementando cultura, que inclúe doce actividades para os meses de abril e maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o Concello de Foz enche os días de primavera de actividades culturais para adultos o nenos. As actividades programadas nestes meses de marzo, abril e maio aglutinan dende música a documentais pasando por representacións teatrais ao máis alto nivel. Queremos seguir apostando pola Cultura. Aínda, se cabe, con máis ímpeto en momentos tan complicados coma os actuais. O sector cultural é un dos máis afectados pola pandemia. E, a pesares de non ter un auditorio, Foz segue apostando polas mellores postas en escena para desfrute dos nosos veciños”.
López Couto engade que “durante esta semana, como xa se anunciou, quíxose celebrar o...
leer másAs Concellarías de Medio Ambiente e Turismo organizan dúas Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 2 e 3 de abril. A cita foi presentada por Toñi Eijo e Ramiro Fernández.
O edil de Turismo contou que “un ano máis desde a Concellería de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Burela vamos impulsar as Xeorutas de Semana Santa. É unha actividade que ten moi boa acollida entre a xente do pobo e tamén entre os visitantes e por iso decidimos seguir apostando por elas”.
Fernández Rey explicou que “nesta ocasión imos ter unha Xeoruta polo Perdouro o venres, día 2, de 10:30 a 13:30 horas; e o sábado 3 teremos unha Xeoruta pola Marosa tamén de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono do Concello de Burela, 982.58.60.00, ou pode facerse a reservar de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia....
leer másA Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo.
O edil ribadense explicou que “esta Semana Santa a Área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 7 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Pablo Vizoso contou que “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral. Así organizamos tres Xeorutas, 2 saídas para facer a dos Arcos e...
leer másEn marcha está a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan nove locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.
José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.
Desde o venres, 26 de marzo, ao 3 de a abrila Oficina de Turismo estará aberta en horario de maña é tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Apostando polo potencial turístico co que conta o Concello de Barreiros, no mes de xaneiro formalizouse a contratación dunha nova técnica de Turismo que está a traballar na actualización e elaboración de material así como dando apoio á hostalaría e comercio local para adecuar os espazos á normativa Covid.
O horario de atención ao público en Semana Santa será desde o 26 de marzo ata o 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.
Pódese contactar coa técnica de turismo no correo turismo@concellodebarreiros.gal, no...
leer másO Concello remata estes días as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e recuperación dos seus espazos naturais”.
O rexedor contou que “nestes días estamos rematando estas obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai aquí na marxe galega da ría de Ribadeo, na parroquia de Ove. Ven substituír a outra infraestrutura que estaba moi deteriorada co paso do tempo e, sobre todo, con moitos signos de vandalismo que tiña”.
Suárez Barcia dixo: “esta actuación, que agora rematamos, fixémola en dúas anualidades a través dunha axuda da Rede Natura 2000...
leer másO Concello de O Valadouro organiza un concurso de vestimenta antiga, dentro das actividades do XV Mercado de Primavera. Os participantes deben enviar unha foto da súa vestimenta vía whatsapp ao número de teléfono 639.317.255.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para enviar as fototografías remata o 28 de marzo ás 15:00 horas. As fotos publicaranse nun álbum na páxina de Facebook do Concello de O Valadouro e serán premiadas as 3 que máis Me gusta teñan o 3 de abril ás 15:00 horas.
Ata o 4 de abril Viveiro celebrará a Semana Santa Virtual ‘Vívela’, con concertos, conferencias e a proxección de procesións e reportaxes en Youtube e nas redes sociais.
O venres, 26 de marzo, chegará a quenda da presentación do Libro Programa Pregón, que se edita desde 1947.
Ademais, en colaboración co Centro Comercial do Casco Histórico se ambientarán os locais con motivos de Semana Santa e a praza Maior acollerá unha exposición de fotografías da Semana Santa de Toño Goas.
Amplíase por outra parte a exposición permanente do Claustro de San Francisco cunha colección de fotografías da Semana Santa desde principios do século XX, haberá un programa de cultos nos templos da unidade pastoral (cumprindo as limitacións de aforo) e unha conferencia preparatoria para a Semana Santa a cargo do...
leer másA Deputación de Lugo aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este xoves, unha nova edición do programa Lugo Termal, que este ano contará con máis beneficiarios. Tal e como anunciou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, como novidade para aumentar o retorno económico do programa no establecementos termais da provincia, poderán gozar dos descontos nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón os maiores de 50 anos, que terán tamén a posibilidade de acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.
“Esta novidade aumentará o beneficio do programa para os balnearios da provincia cando máis o necesitan polo grave impacto das restricións sanitarias provocadas pola crise da Covid-19”, asegurou García Porto, que lembrou que esta é unha das...
leer más