Eventos
A Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello de Mondoñedo e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá.
«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto. Dende este sábado, o resultado final está...
leer másAs actividades do programa ilustrarNÓS, promovido pola Vicepresidencia, continúan este luns, 15 de marzo, con dous obradoiros nos colexios Rosalía de Castro e Anexa de Lugo e unha charla da ilustradora Bea Lema no IES Monte Castelo de Burela.
Nos colexios lucenses, Polo correo do vento dirixirá un sesión pensada para que o alumnado se familiarice co proceso creativo, tomando como referencia a biografía da pintora viveirense Maruja Mallo. Na posta en escena, mesturase a narración oral coa ilustración en directo. A actividade, baixo o título Ilustrar conta, culmina cun obradoiro de debuxo no que se propón que os particpantes realicen unha caricatura da artista.
No instituto de Burela, a ilustradora e debuxante de comics Bea Lema impartirá unha charla titulada “O proceso creativo na ilustración”, unha exposición na...
leer másA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa, José Veiga, anuncian que este ano non haberá procesións nin se celebrará de forma tradicional a Semana Santa.
A decisión foi tomada de forma consensuada entre o concello e a xunta de cofradías debido á situación epidemiolóxica e tendo en conta as restricións existentes, co obxectivo de evitar as aglomeracións no actual contexto da pandemia do coronavirus.
Para manter viva a tradición, a xunta de cofradías preparou un programa alternativo de actividades que comezará o venres 19, coa presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro 2021.
“É unha mágoa e somos conscientes ademais das consecuencias para a hostalaría e o turismo, pero a epidemia impide unha celebración normal; o que queremos é manter...
leer másEn diciembre, Adamo lanzó este concurso para buscar el pueblo más amado del país y convertirlo en el más conectado. “Tres meses después damos la enhorabuena a los vecinos de Ribadeo, que gracias a sus votos y muestras de amor lo han convertido en el ganador”, señalan desde Adamo, que felicita también a los finalistas: Maçanet de la Selva, El Puente del Arzobispo, Cintruénigo y Ullastrell.
Hay mil razones para amar Ribadeo. Destacan sus playas impresionantes, la ría de Ribadeo y su gastronomía de primer nivel. Estas son solo algunas de las muestras de amor que los participantes compartieron con Adamo.
La empresa agradece “a todos los vecinos de Ribadeo su apoyo y compromiso con una oferta de fibra limitada durante 3 meses”.
Desde o Concello explican que “hai uns días avanzabamos que un dos actos principais que temos programado para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do noso concello. E agora xa desvelamos de quen se trata: a nosa particular homenaxe vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Grazas”.
Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar un recoñecemento a todas elas polas súas puntadas de solidariedade.
Ademais o Concello organiza o concurso virtual que temos programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller:
Qué muller che inspira? “Explícanos cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto,...
A Deputación de Lugo lanzará nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así o informa a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, que avanza que este ano a institución provincial centrará a súa programación nos medios dixitais e prolongará as actividades ao longo de todo o mes.
A campañaconsistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo de Audiovisuais onde se conta a historia e vivencias persoais de mulleres en primeira persoa que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas. Coñeceranse diferentes ópticas, diferentes roles e experienciasco obxectivo de dar a coñecer as situacións de desigualdade que se dan no día a día e, á vez, poñer en valor os numerosos logros...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cunha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma.
Este acto vaise celebrar o sábado, 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa Muller como protagonista.
Así ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (Casa do Concello, Casa da Cultura, Fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo...)
O día 8 de marzo, día da muller
O auditorio da Casa da Cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
Prográmase ademais o concurso virtual...
A axenda da Concellaría de Cultura ribadense para os vindeiros meses arrincará este sábado, 6 de marzo, co concerto que ofrecerá Jamila Purofilin. A programación inclúe máis música, teatro con Chévere, Amorodos e Talía e diferentes propostas para os máis pequenos e pequenas da casa.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “é un pracer estar de novo aquí logo do parón ao que nos vimos obrigadas pola grave situación que se está a vivir coa pandemia. Queremos comezar lembrando nesta presentación que o ámbito da cultura é dos máis seguros que existen fronte a actividade do covid 19, pois gárdanse escrupulosamente os protocolos, así que comezamos con moitas ganas, conscientes do importante que é que as persoas se poidan distraer vendo o que ofrecen os artistas. Os espectadores e as espectadoras precísano e tamén o sector da cultura,...
leer másO vindeiro 6 de marzo Ribadeo renderá homenaxe a todas as mulleres coa inauguración dunha escultura de ferro, que foi deseñada pola artista Ana Vidal Suárez e realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Deste xeito conmemorarase o Día Internacional das Mulleres.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este 8 de marzo, marcado pola pandemia que estamos a vivir desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo queremos aproveitar esta efeméride para facer un homenaxe a todas as mulleres do noso concello. Queremos ensalzar ás mulleres, como provedoras deses coidados invisibles en moitas ocasións, como suxeitos que resisten e soportan as discriminacións cotiás polo único feito de ser mulleres. Como aquelas, que están a sufrir aínda máis as consecuencias da pandemia. Por elas e para elas !! Por iso, o vindeiro 6 de marzo ás 12....
leer más