Sinalización

13/01/2022

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades de goberno a posta en valor do seu atractivo natural e paisaxístico para o seu disfrute por parte de veciños e visitantes.

Dentro dese obxectivo xeral, ten un plan de mantemento e conservación continua das rutas de sendeirismo, unha das mellores formas de coñecer o concello e practicar hábitos de vida saudables.

Nas últimas semanas, o Concello procedeu á renovación dos carteis informativos da ruta que une Viveiro co Penedo do Galo, unha das máis transitadas polo seu alto valor paisaxístico.

“Temos unha contorna natural privilexiada que debemos coidar entre todos, no caso do concello con actuacións para que as rutas estean nas mellores condicións”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

11/11/2021

Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.

Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado, tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida, tarefas que supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda de O Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada de Vegadeo, preto da Casa das Algas”.

... leer más
31/03/2021

O Concello de Cervo vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda a información precisa para descubrir esta contorna excepcional do municipio.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica...; para que as persoas...

leer más