Unha parte das Escolas Vellas de San Román, en Cervo, serán destinadas a lugar de ensaio das diferentes agrupacións locais.

O Concello de Cervo acondiciona unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, achegáronse ata o edificio para supervisar os traballos que se realizan este días cun dobre obxectivo “brindarlle aos diferentes colectivos un espazo adecuado para o desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que lle damos unha nova vida a este edificio municipal tan emblemático con máis dun século de historia”.

A adecuación da vella escola de San Román -inaugurada no ano 1915- vai en consonancia coa filosofía que persegue este equipo de goberno, “pois buscamos, na medida do posible, que os diferentes espazos municipais teñan a súa utilidade, poñéndoos, ao servizo da veciñanza; ben de persoas emprendedoras como no caso dos locais habilitados en Sargadelos que conforman o Centro de Emprendemento; ben ao servizo de diferentes colectivos, como neste caso, que buscamos facilitar a actividade do tecido cultural local”.