Mercado
A décimo novena edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase o día 22 de marzo, sábado.
Será pregoado por Pepe Otero e os postos do mercado estarán abertos desde as 10:00 e ata as 19:00 horas.
Haberá música de rúa con Dambara, Amado Lar, Charanga Noroeste, Os Caliqueños, Los Támega e Festicultores. E concertos na Praza de Santa María, a cargo de Abóbriga e Nimbos
Tamén están programadas actividades familiares, de tarde, na praza: títeres con Mircromina Teatro, maxia co mago David Méndez e teatro infantil con Inventi. E tamén pola tarde no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, haberá xogos tradicionais con Xotramu e paseos en poni.
A programación do evento inclúe ademais ruta de tapeo polos locais hostaleiros, demostración de oficios tradicionais, fotoenxebre, desfile de zocas e...
leer másO Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro Contra a marea organiza un mercado de Entroido con doces típicos desta época do ano, como biscoito, rosquillas e freixós. Será esta fin de semana: desde o venres 28 de febreiro ata o domingo 2 de marzo.
O mercadiño estará aberto na Sala Multiusos do Concello de Viveiro de 17 a 21 horas os tres días.
O Concello de Xove organiza un mercado de Nadal, chamado O Faio de Generosa. Será desde o sábado 21 ata o luns 23 de decembro das 11:00 ás 14:30 e das 17:00 ás 21:00 horas.
Un paxe dos Reis Magos visitará O Faio de Generosa o sábado ás 18:00 horas e este acto inclúe un espectáculo de contacontos infantil.
Haberá comercios abertos o domingo 22 en horario do mercado e establecementos hostaleiros que ofrecerán un menú especial ese día.
O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.
O Concello de Burela organiza unha nova edición do seu mercado de Nadal. Este evento, que se celebra cada ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o día 30 de novembro, sábado, en horario continuo de 10:30 a 21:00 horas.
Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén...
leer másA Concellaría de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio organiza o XIX Mercado de Nadal, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2024. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o 8 de novembro.
A edil de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “xa estamos ás portas do Nadal e unha das citas referentes desas datas en Ribadeo é o seu singular e tradicional Mercado de Nadal, un mercado que ten moi boa acollida polo público, sendo xa un referente na zona. E por iso é un espazo perfecto para que os profesionais da artesanía, o deseño e a gastronomía dean a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador”.
A concelleira ribadense explicou que “nesta edición o Mercado levarase a cabo nas inmediacións do Parque San Francisco, onde se colocarán 25 casetas nas que se...
leer másVen de presentarse o XXXII Mercado Medieval de Mondoñedo que terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto de 2024 no centro urbano da cidade episcopal.
O programa contará con máis de un cento de actividades repartidas nos tres días e serán pregoeiros do mesmo María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría, que foron os primeiros en casarse na Voda Medieval do ano 2009.
O programa desenrolara máis de un cento de actividades que abranguen desfiles de cabaleiros, ruadas musicais e de atraccións, torneos medievais, contacontos, monicreques, cetrería, unha voda medieval e, por suposto, a Cea Medieval do sábado.
No acto de presentación estiveron presentes voluntarios/-as, colaboradores/-as, representantes de asociacións colaboradoras, así como o Alcalde de Mondoñedo, o Delegado...
leer másOs días 19 e 20 de xullo Alfoz celebrará a XXIV edición do seu Mercado Medieval, transportando aos asistentes ao ano 1483 con todo tipo de actividades.
A noite do 19 de xullo ou noite da véspera dará comezo ás 21:00 co acendido do lume de Cerna da Historia, anunciando a chegada do Mariscal. Ás 22:15 haberá danzas medievais, seguidas por confesións co bispo Don Fadrique de Guzmán. Á media noite, unha queimada e conxuro transportarán aos presentes ao medievo, culminando a noite coa música de Tumba e Dalle.
O sábado 20 de xullo comezará ás 11:00 cunha visita guiada para coñecer Alfoz a cargo de Ana Pena. Despois, ás 11:45 horas a xornalista de Televisión Española Ana Lorenzo dará o pregón, seguido da inscrición do seu nome na Lousa das Palabras. Durante a xornada haberá nomeamentos, teatro de títeres, exhibicións de...
leer másViveiro celebra desde este xoves, 4 de xullo, ata o domingo 7 de xullo a XVII edición do seu Mercado Renacentista. Haberá a representación do gran desembarco de Carlos V, numerosos postos de comida, obradoiros, …
"Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con numerosas actividades para todas as idades", asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O Concello de Viveiro anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.
Do 30 de xuño ao 13 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos, que foi presentado hoxe en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, manifestou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos, que xa vai pola vixésima terceira edición e que se desenvolve nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo cada domingo de verán. A nova tempada dará comezo este mesmo domingo, 30 de xuño, e rematará o 13 de outubro”.
O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Saiz dixo que “se trata dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona, sen intermediarios, onde se poden atopar produtos da horta, pan, ostras, queixo,...
leer más