Bonita

Etiquetas:
14/07/2023

O vindeiro 29 de xullo terá lugar a sétima edición da carreira Burela Bonita a partir das 19 horas. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Carmela López, e polos concelleiros de Mocidade e Deportes, Mario Pillado e Carlos Méndez. 

O percorrido será de 5 quilómetros e haberá premios para as categorías absoluta masculina e feminina, que consistirán en Trofeo e 100 euros para os primeiros, Trofeo e 50 euros para os segundos e Trofeo para os terceiros. 

As inscricións poden realizarse en www.sportmaniacs.com O edil de Deportes contou que “os participantes nas categorías absolutas que se inscriban ata o 23 de xullo pagarán unha cota de 8 euros e os que o fagan do 24 ao 27 de xullo abonarán 10 euros. Para as categorías menores os que se anoten ata o 23 deste mes poderán...

leer más