O Concello de Xove organiza un mercado de Nadal, chamado O Faio de Generosa. Será desde o sábado 21 ata o luns 23 de decembro das 11:00 ás 14:30 e das 17:00 ás 21:00 horas.
Un paxe dos Reis Magos visitará O Faio de Generosa o sábado ás 18:00 horas e este acto inclúe un espectáculo de contacontos infantil.
Haberá comercios abertos o domingo 22 en horario do mercado e establecementos hostaleiros que ofrecerán un menú especial ese día.