O Concello de Burela organiza unha nova edición do seu mercado de Nadal. Este evento, que se celebra cada ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o día 30 de novembro, sábado, en horario continuo de 10:30 a 21:00 horas.
Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.
O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.