Poesía
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros vén de convocar o Certame de Poesía e Debuxo Infantil Nadal 2024 na súa fase local de acordo as bases publicadas na web municipal: www.concellodebarreiros.gal.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 19 de decembro de 2024, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou nos colexios do concello.
Os traballos premiados nesta Fase Local, na modalidade de poesía, participarán na Fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca a fase local do Certame de Poesía Infantil Nadal 2024. Os traballos premiados participarán na fase provincial do concurso, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo co apoio da Xunta de Galicia.
Haberá tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. Os poemas deberá estar en galego e ter a extensión máxima dun folio escrito por ordenador ou con bolígrafo. O prazo de entrega na biblioteca rematará o día 20 de decembro. Os datos identificadores irán nunha folla a parte e nunca no traballo presentado.
O xurado, composto por persoas expertas na materia, determinará unha persoa gañadora por categoría, que recibirá un diploma e un lote de libros, no mes de xaneiro de 2025. Os traballos premiados formarán parte dun libriño conmemorativo.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, de Cabanas (O Vicedo) ofrece poesía e marionetas os días 30 e 31 de agosto, venres e sábado, con entrada de balde. Estas actividades están organizadas pola Asociación Cultural Volta e Dálle.
O venres 30 ás 19 horas Marica Campo, Tareixa Campo, Olga Novo, Miguel Anxo Mato Fondo, e Xulio Pardo de Neyra participarán no recital poético titulado “Dos fíos desta casa arruinada. Encontro galego pola memoria e versos para vivirmos as horas espidas do silencio: anarquismo, mátria e xeometría”.
E o sábado 31 ás 17 horas comezará unha tarde dedicada á xente miúda e ao teatro de monicreques. A asociación Morreu o Demo trae a exposición titulada “Onde foi Barriga Verde?” e un obradoiro de construción de marionetas de papel con Larraitz Urruzola e Anxo García. E ás 20 horas...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou os tradicionais certames de poesía que levan os nomes de dous grandes creadores da cidade episcopal: o XXV premio Díaz Jácome e o XIII premio Leiras Pulpeiro.
Trátase, en primeiro lugar, do Premio de Poesía Leiras Pulpeiro, que acada a súa edición décimo terceira, e ao que pode concorrer calquera persoa que presente a súa obra en lingua galega. Os poemas a presentar terán que ser orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. As composicións serán dunha extensión máxima de 150 versos de temática libre e poderán achegarse ao Concello de Mondoñedo, ata o día 18 de outubro deste ano. Este certame está dotado con tres premios: 1º, de 1.500 euros; 2º, de 600 euros; e 3º, de 300 euros, placa e diploma.
... leer másTres empresas convocan en Ribadeo un certamen de poesía con el nombre del poeta El Viejo Pancho.
Los promotores de esta iniciativa explican que son “la empresa internacional E2 IN2 S.A, cuyo presidente está vinculado a Ribadeo; EOditorial, que este año está impulsando temas relacionados con Ribadeo y su comarca; y Librería Vivin es el negocio más antiguo de Ribadeo y celebra este año los 95 años de existencia”. Y añaden que “la idea de crear este certamen surge a raíz de que las tres empresas se encuentran realizando un proyecto para dar a conocer la vida y obra del poeta gauchesco José María Alonso-Trelles y Jarén, conocido como El Viejo Pancho, del que este año se cumple el centenario de su fallecimiento. Concretamente se trata de un libro donde se recogen la mayoría de los trabajos realizados sobre la figura del poeta desde sus inicios...
leer másO Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2023. Cada autor cada autor/a pode presentar os traballos que desexe, que deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada un acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a. Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 18 de decembro.
O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024 e os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.
Os poemas, con temática do Nadal, deberán estar redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara escrito a ordenador ou con bolígrafo.
Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. Cada unha contará cun lote de libros e un diploma como premio.
Cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe, con cadansúa folla de datos cumprimentada.
Todo isto deberá ser entregado na propia biblioteca ata o día 22 de decembro. Os datos identificativos irán nas follas de datos, nunca no traballo presentado.
O xurado fará públicos os resultados no mes de xaneiro, e os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.
A Biblioteca Municipal...
leer másEl escritor mariñano José Díaz presenta este domingo, 12 de noviembre, en Ribadeo su libro de poesía titulado ‘Y ahora que has llegado, ¿cómo te digo adiós?’. Será a las 20:00 horas en la Casa del Viejo Pancho.
En el acto José Díaz estará acompañado por la actriz Estíbaliz Veiga y por el músico Ricardo P. Álvarez, guitarrista del grupo Rockvival. Al terminar la presentación se invitará a los asistentes a un vino español.
O vindeiro domingo, 16 de outubro, ás 19.00 horas a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro acolle o acto de divulgación literaria “Estrelas no bico, na fronte un cantar”, protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.
En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: "Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas."
Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »