Poesía
O vindeiro mércores, 17 de agosto, celebrarase en Ribadeo a presentación do libro Poesía en la tangente de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, ex presidente do Goberno de España e Marqués da Ría de Ribadeo.
O libro recompila poemas, ata agora inéditos, que Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo escribiu ao longo da súa vida, mesturando poesía satírica, amorosa e familiar que da a coñecer mellor a personalidade e o entorno desta importante figura política.
Na presentación intervirán: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, Pedro Calvo-Sotelo, coeditor, Luisa Castro, escritora, Carlos Álvarez Lebredo, profesor de literatura e Darío Villanueva, da Real Academia Española.
Este acto terá lugar as 20:00 horas no Teatro de Ribadeo.
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.
As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un...
leer másO Concello de Viveiro súmase ás celebracións do Día da Poesía, que se conmemora o próximo luns 21 de marzo. Deste modo, a concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro agasallarán a todos os usuarios/as da biblioteca cunha flor e un poema.
Ademais, na biblioteca realizarase unha selección de poemarios dirixidos á mocidade e tamén aos adultos, para que aqueles lectores que desexen gozar da poesía poidan acceder a ela facilmente.
Todas as persoas que retiren un libro na biblioteca durante a xornada do luns recibirán o agasallo mencionado ata finalizar existencias. Dende o Concello de Viveiro búscase impulsar a poesía entre a cidadanía, para que gocen con ela todos os días e, especialmente, o próximo luns.
Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.
O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.
Chega a Viveiro, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”. A mostra poderá verse nos Xardíns Poeta Noriega Varela ata o 26 de agosto.
Xela Arias. A poesía do retrato
A exposición para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90.
A mostra consta de 20 retratos en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético. A colección de imaxes permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, a través de fotografías que a retratan posando con determinación e sen artificios...
leer másO Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.
Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.
Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".
O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.
Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico.
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño
Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de febreiro a partir das 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, un espectáculo literario musical a cargo de Ricardo Seixo e o grupo Maraxe. O acto consistirá na lectura de poemas do volume Na República da Intimidade, libro de versos onde se aborda a sexualidade e a problemática de xénero e na actuación do grupo de musica tradicional Maraxe, que interpretará diversas pezas de carácter popular.
Segundo o autor “na República da Intimidade é un poemario diferente na súa traxectoria que tenta rachar barreiras nas relacións entre humanos, que quere pór luz en espazos en que é habitual que haxa sombras que busca dar pulo ao facho da igualdade e o respecto e que arela que sexamos quen de abrazarmos a liberdade núa, sempre disposta a facer camiño na procura da felicidade”. Nesta liña Seixo...
leer másO Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.
O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas.
Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.