Persoal Branding

17/11/2014
Burela acollerá este mércores un curso de formación para mulleres sobre Personal Branding e Marca Persoal.

 

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e o Centro de Información ás Mulleres, organizan para este mércores, 19 de novembro, un curso sobre Persoal Branding e Marca Persoal dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo en horario de 10 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde, e será impartida na Aula de Familia da Casa da Cultura burelesa. As interesadas poden anotarse no CIM, presentando o seu DNI e cumprimentando a solicitude de inscrición pertinente. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.

... leer más