Poesía
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 4 de maio, ás 20:30 horas, a representación da obra Castrapo a cargo de Os Naufragos Teatro.
Conta a historia de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra logo da morte do seu pai con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia, Daniel atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces.
O elenco está formado por Denís Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.
Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 5 de maio, ás 19:30 horas, Andanzas Viveiro porá en escena Sainetes e poesía escénica.
O teatro e a poesía van da man nesta ocasión, poñendo en escena tres sainetes cómicos e un recital...
leer másA santiaguesa Berta Dávila Fernández obtén o primeiro premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. A obra que resultou gañadora na XIX edición deste certame leva por título ‘Limiar’.
O primeiro premio neste certame, que ten por finalidade estimular a creación poética entre os mozos e mozas, recoñécese con 1.500 euros, placa e diploma.
O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón de Pontevedra, pola creación ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos’. O pontevedrés recibe 600 euros, placa e diploma. Mentres, Laura López Esteban, de Lugo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra ‘Renacer’.
O xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María...
A Concellaría de Cultura organiza a segunda edición do recital Ventos Poéticos que terá lugar mañá, venres, no Teatro ás 20:30 horas. Estará protagonizado por autores de Asturias, Portugal e Galicia. O evento está dirixido por Yolanda Castaño.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este venres, 4 de maio, vai haber un recital poético no Teatro de Ribadeo. Será a festa da palabra que abre paso ao literario mes de maio. Ás oito e media da tarde, poderemos escoitar os poemas de Xuán Bello, Quique Roxíos, Olga Novo e Elisabete Marques. Imos poder combinar as brisas poéticas que nos chegan dos catro ventos ata esta porta norte nestes días limiar das letras galegas, portuguesas e asturianas”.
O edil ribadense salientou que “como non podía ser menos tamén queremos dar visibilidade á produción literaria...
leer másO Concello de Barreiros colabora co grupo Nordés (grupo de facebook) na organización da exposición conxunta de Olivia C. Rozas e María del Carmen Santamarina que se inaugura mañá, venres DÍA 15, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme.
Ambas artistas son veciñas de Barreiros. Na mostra Olivia C. Rozas presenta un mundo en branco e negro de onírico lirismo que intercala realismo e soño a través do grafito. Pola súa banda Santamarina pon a voz aos trazos de Olivia mediante breves poesías que nos falan do amor, o mar e a emigración.
Olivia C. Rozas é debuxante dende moi nova e o seu medio de expresión favorito é o grafito sobre papel. Defínese como unha artista autodidacta que explora as fronteiras do real e o onírico compoñendo a súa realidade a través de grisallas, aínda que de vez en cando...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca unha nova edición dos premios de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome para novos creadores.
En concreto, o Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro chega a súa sexta edición tras nacer coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores. Pola súa banda, o XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores ten o afán de estimular a creación poética entre os mozos e mozas.
O prazo de admisión das obras en lingua galega para os dous concursos remata o 4 de setembro, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou unha data anterior. Débense enviar ao enderezo do Concello (...
leer másA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano renden lles homenaxe aos poetas mindonienses.
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presentaron a actividade, que terá lugar en Mondoñedo o vindeiro día 2 de xuño, cun concerto no que un coro de rapaces e de rapazas dos conservatorios profesionais de música cantarán os versos de Álvaro Cunqueiro, de Antonio Noriega Varela, de Xosé Díaz-Jácome, de Manuel Leiras Pulpeiro e de Aquilino Iglesia Alvariño.
O coro estará...
leer más