Teatro
Nova Escena Galega representará a comedia “A tortilla e a peste” o 28 de outubro no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, ás 20:30 horas.
Catro mulleres e un home contan a súa experiencia durante o confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados á realidade a través do finísimo fío da tecnoloxía.
Avelaíña Teatro presenta a obra 'Almas na Gloria: Don Paco' na Casa da Cultura de Burela este domingo, día 29 de outubro. O espectáculo comezará ás 19:00 horas e a entrada é gratuíta.
A obra trata como Francisco Fernández del Riego -Don Paco- e outras destacadas figuras da cultura galega rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023. Os protagonistas da obra lembran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras en 1963.
O día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.
As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.
O grupo teatral O Torqués, de Burela, presenta a obra titulada ‘ODT-TIVE’ na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
É unha actividade organizada pola Asociación de Veciñ@s de San Román (O Vicedo) ao abeiro do Ciclo de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A sinopse da obra é a seguinte: “o Señor Godofredo de Bouillón foi asasinado no seu estudo (un recinto pechado por dentro). Atopado o corpo polo criado, xorde entón a seguinte incógnita: se o señor Godofredo foi asasinado de 23 puñaladas, cómo non hai unha soa mancha de sangue no lugar? Un inspector de renome é convocado para dar resposta a este misterioso asasinato. Quen o introducirá nos detalles do crime será o criado da casa onde se cometeu o crime. A impericia e a falta de...
leer másA Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.
Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.
A compañía Avelaíña Teatro presenta a obra ‘A Lola’ no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, en Ferreira do Valadouro. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas con entrada de balde.
A sinopse da obra é a seguinte: “a Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o pasado non ausente; ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta a obra teatral “O traballo de Andrea” nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 27 e 31 de outubro e 1 de novembro.
“O traballo de Andrea” é unha obra orixinal de Ignasi García Barba, traducida e adaptada por Ramón Casas Oroza.
As representacións serán o venres 27 de outubro ás 22:00 horas, o martes 31 ás 20:30 e o mércores 1 de novembro ás 19:30 horas. O aforo é limitado e a entrada ten un prezo de 4 euros.
Mañá, 21 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro vai por en escena a comedia Vivan os noivos. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu...
leer másO grupo humorístico Trípode (e amigos) presentará o seu espectáculo titulado “O muro” no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, este sábado, 21 de outubro, ás 20:00 horas. A entrada é de balde.
“O muro” é unha historia sobre a solidariedade, a xustiza e a igualdade. É unha comedia para todos os públicos co esta sinopse: “Dona Dorotea é unha muller egoísta e terrible. Propietaria de numerosos bens, teme ser asaltada e roubada por xentes que veñan doutros países. Por iso encárgalles a Luisete e a Pacón, dous albaneis de pouca monta, que constrúan un muro ao redor da súa finca que impida o paso a todos aqueles que poidan roubarlle. Pola finca de dona Dorotea desfilan diversos inmigrantes, moi diferentes, mais con algo en común: a pobreza e as ansias de atopar unha vida mellor. Como alegorías dos diversos pobos...
leer másO sábado 21 outubro ás 20:00 horas no auditorio de Mondoñedo a compañía Metátese Teatro representará a obra titulada "Ao carón das palabras". Anúnciao a asociación cultural mindoniense O Pasatempo.
É unha actividade incluída no circuíto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo, con entrada de balde.