Mañá, 21 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro vai por en escena a comedia Vivan os noivos. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.
Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu amor.
Autoría: Creación propia do grupo. Dirección: Luisa Oroza e M.ª Antonia García.
Elenco: 9 actrices e actores.