Teatro
O sábado 21 outubro ás 20:00 horas no auditorio de Mondoñedo a compañía Metátese Teatro representará a obra titulada "Ao carón das palabras". Anúnciao a asociación cultural mindoniense O Pasatempo.
É unha actividade incluída no circuíto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo, con entrada de balde.
Mañá, 14 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, o Grupo Hipócrita Teatro vai por en escena a comedia Casting. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello xovense.
O GRUPO
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizaba o Concello. Desde entón traballan de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través de diferentes actividades no eido do teatro, que abranguen:
-Creación e representación de espectáculos teatrais para todos os públicos, de pequeno formato (Casting, Miserere, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que...
Talía Teatro visita Burela, dentro da Programación Cultural que a Delegación Municipal de Cultura ten preparado para este semestre. A representación terá lugar o vindeiro venres, 13 de outubro, ás 21 horas na Casa da Cultura.
Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención ao teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia.
“A parábola do angazo “ é un espectáculo dirixido por Diego Rey e interpretado por Toño Cascais e Artur Trillo. No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas...
leer másA compañía Producións Teatrais A Xanela do maxín presenta o seu espectáculo Toupiciencia o sábado 21 de outubro ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, dentro do programa Ler Conta Moito.
O Concello de Alfoz explica que “é un espectáculo dirixido a todos os públicos no que a Toupiña e o seu axudante, Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.
Ademais ese mesmo día haberá un obradoiro de experimentos na Biblioteca Municipal de...
leer másO Concello de Cervo organiza unha nova edición do obradoiro de teatro Pimpín, que dará comezo en novembro. Está dirixido ás crianzas de 6 a 12 anos. Terá lugar os martes e os xoves de 18 a 19 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, onde se poderán realizar as inscricións.
Desde o Concello sinalan que “levamos moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comezan a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios”.
A representación terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Sipnose: Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou fai tres anos, pero viaxando ao pasado, viviremos no presente o que nos veñan a contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo algún as súas vivencias afectivo sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións. Unha historia de dous amigos, unha historia de crecemento persoal tinguida de humor e dor a partes iguais.
O prezo das entradas será de 5 euros. E de 3 para...
leer másO grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta Pan con Chocolate, unha das novas obras que ten preparadas para este outono. As representación serán no local dos colexios vellos de San Miguel de Reinante o mércores 11 de outubro ás 20:30 horas e o xoves 12 ás 19:00 horas.
As entradas están á venda nos bares Moderno e Miramar, en San Cosme de Barreiros; no hotel restaurante Rías Altas, en San Pedro de Benquerencia; e en San Miguel de Reinante poden mercarse no supermercado e no bar A Dulcería.
Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a Melide e Ribadeo cunha dobre función do espectáculo Lear en las catedrales, unha peza de Ábrego Producciones. Ao finalizar as dúas representacións, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente.
A montaxe de Lear en las catedrales está atravesada polo poema Lear en el claustro, de José Hierro, e reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia. A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes...
leer másDentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.
‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro infantil e xuvenil. A presentación da actividade e xornadas de portas abertas para as persoas que queiran probar será este sábado, 23 de setembro ás 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel.
Os organizadores anuncian: “tras o comezo do curso escolar chega o noso obradoiro de teatro infantil e xuvenil. Destinado a todas e todos os nenos e rapaces, o sábado 23 de setembro faremos unha xornada de portas abertas para que todas e todos os que sintades interese ou gañas de probar a ser actrices e actores o poidades facer sen ningún compromiso. Esperámosvos a todas e todos as 16:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante”.