Confinamento
25/10/2023
Nova Escena Galega representará a comedia “A tortilla e a peste” o 28 de outubro no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, ás 20:30 horas.
Catro mulleres e un home contan a súa experiencia durante o confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados á realidade a través do finísimo fío da tecnoloxía.