Avelaíña Teatro presenta a obra 'Almas na Gloria: Don Paco' na Casa da Cultura de Burela este domingo, día 29 de outubro. O espectáculo comezará ás 19:00 horas e a entrada é gratuíta.
A obra trata como Francisco Fernández del Riego -Don Paco- e outras destacadas figuras da cultura galega rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023. Os protagonistas da obra lembran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras en 1963.