San Ciprián
A cita foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís de Turismo e Cultura, Manuela Méndez, e Dolores García Caramés; e por representantes da hostelaría local.
A Festa volve contar cun programa repleto de actos e actividades que xirarán ao redor do protagonista ese día, o ourizo.
Deste xeito, avanzaron, que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de tres prestixiosos chefs que cociñarán ante os asistentes innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Pepe Vieira, do Restaurante Camiño da Serpe, Diego López, do Restaurante La Molinera, e Pedro Martino, do Restaurante Naguar, da veciña Asturias.
Ao...
leer másO Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 13 de febreiro.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estivo presente, Pilar Prieto, en representación do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Cea de Entroido.
O desfile partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Kalimea.
...
leer másO Concello de Cervo acolleu a presentación da XII Semana da Prevención de Incendios, promovida en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB); coa colaboración tamén de Alcoa San Ciprián.
No acto interviron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, o coordinador de actividades de prevención e seguridade vial de Fundación MAPFRE, Antonio García, o Vicepresidente da APTB, Carlos García Touriñán e o coordinador de seguridade de Alcoa San Ciprián José David Murias; tamén contou coa presencia do responsable do G.E.S. de Cervo, Mario Antuña.
A actividade terá lugar os días 10, 11 e 12 de xaneiro no Pavillón da Veiga, e está aberta a todos os veciños e visitantes que desexen participar, pero, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso...
leer másA cita de San Ciprián foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, a de Cultura, Dolores García Caramés; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián, que organiza a actividade; coa colaboración do Concello de Cervo e das asociacións Pasiño a Pasiño e Mistura, que tamén participaron na presentación.
A Cabalgata sairá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, ata a Casa da Cultura. Durante o traxecto As Maxestades de Oriente saudarán aos que se congreguen nas rúas e repartirán caramelos que foron doados por comercios e empresas de San Ciprián.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a gozar desta Cabalgata, e tamén da de Cervo, organizada pola Asociación Airiños do Xunco, e que partirá ás 19:00 horas, das Escolas Vellas.
...
Trátase dunha mostra formada por 15 ilustracións, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, que a edil de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Pilar Armada, conseguiu traer a este municipio.
Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Deste xeito podemos ver os traballos de dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca; así como de diferentes figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca ou David Pintor, entre outros moitos; que plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideraron violentos entre adolescentes, co obxectivo de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.
É unha mostra que convida a reflexionar, a escoitar o que os corazón din,...
leer másO Concello de Cervo acollerá o sábado 23 de decembro, véspera de Noiteboa, o X Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu, nas modalidades de Kata e Combate, neste útimo caso na categoría adulto.
O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián,
Xa confirmaron a súa asistencia os campións galegos de todas as categorías; así estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga; dos cales o...
leer másO Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Anxuela, organiza a III Carreira San Silvestre que sairá da Praza dos Campos o 31 de decembro, día de fin de ano; como é tradicional.
Así o anunciou o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, na presentación do evento, que tivo lugar na Praza dos Campos de San Ciprián; na que estivo acompañado polas edís de Xuventude e Servizos Sociais, e os rapaces que colaboran na organización da cita deportiva.
A saída está prevista para as 11:30 horas da Praza dos Campos. As inscricións anticipadas pódense formalizar ata o día 30; chamando ou enviando un whatsapp ao número de teléfono 691.65.66.00 ou un correo electrónico a sansilvestre@gmail.com. Os participantes poderán anotarse tamén ese mesmo día, na Praza dos...
leer másA Festa de San Andrés terá lugar en San Ciprián o xoves, 30 novembro.
Ás 12:30 haberá misa cantada pola Coral do C.I.T; ás 14:30 horas xantar no Restaurante Buenavista, e á tarde haberá baile na Casa do Mar da man da orquestra Alma Latina.
Os interesados poden adquirir o seu tícket no propio Restaurante.
A cita está organizada pola Asociación de Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e o CIT.
Na presentación estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián e CIT.
A Casa do Mar de San Ciprián acollerá o vindeiro venres, 3 de novembro, a VI Larpeirada de Ourizo de Outono
Na programación figura un concurso gastronómico de postres de castañas. Os participantes deberán entregar os seus postres ás 16:30 horas, ás 17:00 horas será a degustación por parte do xurado; e xa ás 18:00 horas está prevista a entrega de premios.
Ás 18:30 horas haberá unha actuación dedicada ao público infantil.
A continuación, collerá o testigo o Magosto Popular, organizado pola Asociación Clan, en colaboración co Concello de Cervo. Será a partir das 19:00 horas; e haberá castañas asadas, e tapas de xamón cocido, chourizo e patacas; e orella.
O evento estará amenizado con música tradicional; e ao remate do magosto haberá un concerto con música en directo...
leer más