Tempada
21/09/2021
A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz xa trazou o camiño para a nova tempada: a 2021/2022. Terán grupos de adestramento adaptados a todos os niveis: categorías inferiores (de 7 a 16 anos) e absoluta (maiores de 16 anos) en Foz e Cangas. E animan a probar e coñecer o mundo do atletismo sen compromiso durante o mes de outubro.
Para dar a coñecer máis detalles sobre a planificación da tempada convocan unha reunión informativa aberta para o día 1 de outubro, venres, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz.