San Ciprián
24/01/2017
El famoso José Labrador, tronista en el programa de televisión Mujeres y Hombres y Viceversa, estará este viernes, día 27 de enero, en Sala Disco Pasos de San Ciprián, a partir de las once y media de la noche. El precio de la entrada es de 6 euros, con consumición incluida, excepto bebidas reserva.
Y el sábado, día 28, a partir de las diez de la noche en Sala Disco Pasos actuará la orquesta Compostela. Además habrá servicio de coctelería. El precio de la entrada es de 6 euros.
10/01/2017
O polideportivo do colexio de Galdín acollerá este sábado, 14 de xaneiro, o campionato Concello de Cervo de nihon tai jitsu, que é unha arte marcial de orixe xaponesa considerada como departamento oficial dentro da Real Federación Española de Karate. Ese evento deportivo foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o adestrador nacional Miguel Ángel Rojo.
O edil delegado de Deportes anunciou que “este vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, no polideportivo do colexio de Galdín, en San Ciprián, terá lugar a celebración do campionato de nihon tai jitsu, pertencente á Federación Galega de Karate, en modalidade de kata e de combate, denominada goshin sobu. Será totalmente gratuíto para todos aqueles que desexen...
leer más 29/12/2016
A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a segunda edición da carreira San Silvestre San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 31 de decembro, a partir das 11:30 horas. A proba foi presentada polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por un representante do colectivo Arroutada, Marcos González.
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, anunciou que “este evento terá lugar este sábado, 31 de decembro, día de fin de ano, a partir das 11:30 horas con saída e chegada na Praza dos Campos, de San Ciprián. Os máis pequenos farán un corto percorrido, dando voltas á Praza dos Campos, e en función das idades. Para os adultos está disposto un recorrido duns 3 quilómetros, ó carón da ría. Na carreira poderán participar de xeito gratuíto todos aqueles veciños...
leer más 21/12/2016
A piscina olímpica municipal de San Ciprián acollerá unha xornada de portas abertas e unha festa acuática infantil o día 3 de xaneiro de 2017, martes. Da organización encárgase o Concello de Cervo e foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.
O edil de Deportes anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, un ano máis e como complemento as distintas e variadas actividades que durante estas datas se están a celebrar no noso municipio, realizará unha xornada de portas abertas na piscina olímpica de San Ciprián, con entrada gratuíta, para todos aqueles nenos e nenas que queiran gozar da festa acuática que terá lugar o vindeiro 3 de xaneiro entre as 17:00 e as 19:00 horas”.
Soto especificou que “...
leer más 06/12/2016
O auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, acollerá neste mes de decembro a proxección de tres películas de cine adulto e xuvenil programadas polo Concello de Cervo. Serán os días 10, 17 e 29, todas elas ás oito da tarde.
O día 10, sábado, ofrecerase a película Os fenómenos; o 17, tamén sábado, Lobos sucios; e o 29, xoves, El club de los incomprendidos.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “esta é a programación de cine para adultos, mozos e mozas, do mes decembro, que se proxectará na nova pantalla coa que contamos na Casa da Cultura, de San Ciprián, e que se estreou o domingo 27 de novembro cunha película infantil, que tivo moi boa acollida. Dende o Concello de Cervo vamos seguir apostando polos ciclos...
leer más 02/12/2016
A sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan unha recollida de alimentos e xoguetes na II Canastra Solidaria, evento que se celebrará o día 18 deste mes, domingo. Foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Cultura, Dolores García; o edil de Deportes, José Ramón Soto; monitoras da sección de baloncesto do CD San Ciprián e o equipo base deste deporte.
José Ramón Soto anunciou hoxe que “a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan, por segundo ano consecutivo e despois do éxito obtido na primeira edición, un acto de recollida de alimentos e xoguetes denominado Canastra Solidaria e que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no pavillón da Veiga, de San Ciprián. Para este acto solidario cóntase coa...
leer más 23/11/2016
O auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, estreará este domingo, día 27, ás 19:30 horas a súa nova pantalla coa proxección da película de animación Espírito do bosque. A entrada será libre e gratuíta. Esta actividade foi presentada hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García.
A edil explicou que “desta maneira estrearemos a pantalla que foi instalada no auditorio de San Ciprián o mes pasado e comezaremos un ciclo de cine que continuará en decembro. Con este motivo regalaremos palomitas de millo aos asistentes para festexar a posta en marcha dun proxecto polo que apostamos dende o Concello, que é traer diferentes proxeccións á Casa da Cultura”.
Ademais Dolores García anunciou que “...
leer más 17/11/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o vindeiro xoves, día 24, de cinco a oito da tarde un curso para promover o emprendemento que leva por título Con-formando talento. Está organizado polo Concello de Cervo, a inscrición é gratuíta e o prazo para apuntarse remata o día 22.
Durante as tres horas que durará a actividade haberá seis relatorios dedicados a estes temas: márketing persoal, comercialización, negociación, comunicación, social media e liderado, dirección e traballo en equipo.
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “este curso serve para espertar o emprendedor que toda persoa leva dentro e, sobre todo, para impartir unhas directrices co obxectivo de que todo aquel que teña...
leer más 07/11/2016
A Casa do Mar, de San Ciprián, acollerá o vindeiro sábado, 12 de novembro, a V Larpeirada de Ourizo de Outono, un concurso gastronómico de postres elaborados con castañas organizado polo Concello de Cervo.
Dito concurso está aberto á participación e colaboración do público en xeral: infantil, xuvenil e adulto. Os pratos deberán estar elaborados con castañas e terán como característica principal pertencer á categoría de postres, sobremesa ou larpeiradas. Cada participante poderá presentar un máximo de dous pratos. O xurado terá en conta a dificultade da elaboración, a presentación, o tempo de preparación ou a orixinalidade, entre outros aspectos. Haberá tres premios, que recibirán figuras conmemorativas.
A V Larpeirada de Ourizo de...
leer más 27/10/2016
A piscina municipal olímpica de San Ciprián acollerá a partir do día 2 de novembro, mércores, os cursos da tempada 2016-17.
O edil José Ramón Soto anunciou hoxe que “a Concellería de Deportes de Cervo dará comezo o 2 de novembro aos cursos da presente tempada 2016-17 na piscina olímpica de San Ciprián, con 185 inscritos a día de hoxe, ademais dos membros asociados as ANPAS, tanto do concello como doutras localidades da Mariña, como as de Burela, Alfoz e O Valadouro, que supoñen outros 230 participantes. Os cursos que se impartirán na única piscina olímpica da provincia de Lugo son: iniciación para bebés, a partir de 0 anos; iniciación e perfeccionamento, para nenos e adultos; aquagim, que é ximnasia na auga; natación específica para recuperación de lesións; preparación para probas e...
leer más