San Ciprián

26/10/2016
A Deputación de Lugo ofrece 30 obradoiros totalmente gratuítos para máis de 500 persoas nos 4 museos da Rede Provincial. Once serán no Museo do Mar.
 
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a programación de actividades totalmente gratuítas para os clubs da Rede, que organiza a Rede Museística nos catro museos da provincia. A Rede Museística Provincial de Lugo conta con 3 clubs para todas as idades; Pequeamig@s, Ei! e Senior, que integran máis de 4.000 persoasde toda a provincia.
 
García Porto subliñou que “dende a Deputación impulsamos estas actividades totalmente gratuítas, para achegar ao maior número de persoas de toda a provincia, máis de 30 obradoiros nos 4 museos da Rede; o Museo Provincial de Lugo, o Museo Pazo de Tor, o Museo Provincial do Mar, e o Museo Fortaleza San Paio de Narla”.
... leer más
Etiquetas:
11/10/2016
Burela, Foz e San Ciprián acollen o 15 de outubro os 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que organiza Special Olympics. Participarán 250 deportistas acompañados por medio cento de adestradores.
 
Este sábado, 15 de outubro, terán lugar en Burela os 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que organiza Special Olympics e cos que colabora o Concello. 250 deportistas participarán na competición que se celebrará nos pavillón Vista Alegre e no dos institutos en Burela, ademais de en San Ciprián e en Cangas de Foz.
 
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o próximo xoves, día 13, ás doce da mañá no salón de plenos do Concello de Burela, imos facer a presentación dos 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que está organizados por Special Olympics e tamén imos colaborar o Concello de Burela e outras asociacións como pode ser Fademga”.
 
O rexedor considera que “é unha boa nova para Burela anunciar...
leer más
Etiquetas:
10/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha andaina para conmemorar o día internacional contra o cancro de mama. Será o 23 de outubro polo paseo azul do Torno, en San Ciprián.
 
O Concello de Cervo, a través das Delegacións de Sanidade e de Igualdade, organiza unha andaina que terá lugar o 23 de outubro a partir das 17 horas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
 
A concelleira de Sanidade, Manuela Méndez, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama, vai organizar unha andaina polo paseo azul do Torno, en San Ciprián. Partiremos do peirao no porto de arriba todo polo paseo ata as antigas fábricas de salgadura e logo ata a ponte medieval. Viremos despois ata a Casa do Mar, onde tomaremos un café. O Concello dará neste día a cada unha das persoas que participe na camiñada unha camiseta rosa cos slogans propios da conmemoración do día”.
 
...
leer más
28/09/2016
En San Ciprián celebrarase o 1 de outubro unha xornada dedicada ao baloncesto, que inclúe un clinic e un partido entre os equipos sénior do CD San Ciprián e o CB Celtas de Foz.
 
O pavillón polideportivo da Veiga, en San Ciprián, acollerá este sábado, 1 de outubro, unha xornada dedicada ao baloncesto que inclúe un clinic e un partido que enfrontará aos equipos sénior do Club Deportivo San Ciprián e do Celtas de Foz. As actividades foron presentadas polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o responsable da sección de baloncesto do CD San Ciprián, Nacho Mota; e o adestrador do club Juanma López.
 
Nacho Mota, que tamén é o responsable deportivo da Federación Galega de Baloncesto na Mariña, destacou que para o clinic xa hai máis de 50 inscritos polo que a organización estima que finalmente haberá uns 70 participantes. Será impartido por: Yago Casal, que actualmente adestra no Celta de baloncesto feminino e foi adestrador axudante no Obradoiro CAB, na Liga ACB, director...
leer más
Etiquetas:
08/09/2016
O 26 de setembro haberá unha xornada de festa en San Ciprián na honra do seu patrón. Organiza a asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello de Cervo.
 
San Ciprián acollerá unha xornada de festa na honra do seu patrón o día 26 deste mes, luns. Está organizada pola asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello, que sempre está aberto a axudar a todos os colectivos do municipio.
 
O cartel do festexo na honra de San Ciprián, o patrón desta localidade, foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a concelleira Pilar Armada e dous directivos da asociación Terra-Mar.
 
Os actos do día 26 comezarán ás 13 horas cunha misa cantada pola coral Terramar na capela de San Ciprián, ás 14:30 empezará un xantar nunha carpa que estará instalada na Praza dos Campos e a partir das 17:30 haberá baile amenizado por un...
leer más
31/08/2016
O coro galego Cantares de Brión actuará o 3 de setembro no auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián.
 
O coro galego Cantares do Brión actuará este sábado, 3 de setembro, ás 20 horas no auditorio da Casa de Cultura, de San Ciprián. O evento está organizado pola comisión de festas do Carmen desta localidade e conta con colaboración do Concello de Cervo.
 
Esta agrupación coral, con base no Val Miñor, “posúe un repertorio extraído da tradición musical galega, prestando tamén atención especial a novas composicións sobre poemas de autoras e autores galegos. Entre os seus propósitos principais están a interpretación, a divulgación e a restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional, sendo obxecto de atención especial e de emprego habitual o idioma galego,...
leer más
20/07/2016
San Ciprián acollerá o 23 de xullo a presentación do libro de Borja Iglesias titulado "Shine on you crazy diamond y otros relatos".
 
O auditorio da Casa de Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 23, a presentación do libro de Borja Iglesias Rodríguez titulado Shine on you crazy diamond y otros relatos. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
 
Borja Iglesias naceu en San Ciprián en 1978 e actualmente reside en Las Palmas de Gran Canaria e traballa como psicólogo clínico no Servicio Canario de Salud. Anteriormente publicou as novelas Ceballos Urquijo, no ano 2010, e Rumbo al Sur, no 2015. Esta antoloxía de relatos que presenta o sábado na Casa da Cultura supón o seu debut no xénero do conto.
 
07/07/2016
Na Casa da Cultura de San Ciprián pódese visitar ata o 29 de xullo unha exposición de ilustracións do burelao Héctor Manasé.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha exposición de ilustracións realizadas polo burelao Héctor Manasé. A mostra, titulada Amagos de Jus, foi inaugurada onte e poderá visitarse ata o día 29 deste mes.
 
No acto inaugural participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros Dolores García, Manuela Méndez e José Ramón Soto.
 
Héctor Manasé naceu en 1984 en Burela e estudou fotografía e vídeo en Oviedo, pero ademais é un entusiasta do debuxo. Nas súas ilustracións gústalle humanizar aos animais, o místico e máxico, o mundo do mar e case sempre engade unha pincelada de humor.
 
... leer más
07/07/2016
San Ciprián celebrará a foliada Nordestía os días 22 e 23 deste mes. Haberá cantos de taberna e concertos.
 
San Ciprián celebrará a foliada Nordestía os días 22 e 23 deste mes, venres e sábado. Foi presentada hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e da concelleira de Cultura, Dolores García, ademais dos membros do colectivo organizador, a asociación Clan, Ricardo García y José Antonio Platas.
 
O venres 22 a partir das 20 horas haberá cantos de taberna nos establecementos hostaleiros A Bodega, O Noso Lar, O Faro, Pizzería Trasgo, Chiringuito de Cubelas, El Puerto, Bar da Praia Cit, Telvi´s Place, Pedregal, Titas, Mesón da Ría, Bruno´s, Nordesía, Cervecería O Encontro e Camarote. Ás doce da noite actuará Pelepau e a 01:30 haberá un concerto de Cuchufellos.
 ...
leer más
27/06/2016
San Ciprián acollerá unha concentración de vehículos Volkswagen, Seat, Audi e Skoda. Será este sábado, 2 de xullo.
 
O colectivo VAG Galicia, en colaboración co Concello de Cervo, organizan unha quedada de vehículos en San Ciprián, que será este sábado, 2 de xullo, na Praza dos Campos entre as 11:00 e as 20:00 horas. Este evento foi presentada polo alcalde cervense, Alfonso Villares, o concelleiro José Ramón Soto e tres representantes de VAG Lugo: Juan Carlos López, Luis Rivas y Antonio Rego. 
 
José Ramón Soto explicou que “é unha concentración na que se dan cita vehículos das marcas Volkswagen, Seat, Audi e Skoda. Son coches tanto novos coma antigos, aínda que tamén se sumarán  vehículos clásicos e algunha que outra moto. Este e o terceiro ano que se ven realizando por varios puntos da xeografía galega e o segundo consecutivo no noso pobo, no que...
leer más