Taijitsu
I Campionato Galego e III Interautonómico de Taiji Quan, na modalidade de Tao Lu, terá lugar este domingo, 22 de setembro, no Pavillón do CEIP Península da Paz, a partir das 10:30 horas.
A cita, na que se estima que participarán medio cento de deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Asturias e Castela-León, foi presentada polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo Director Nacional do Departamento de Taiji Quan, Miguel Ángel Rojo.
A entrega dos trofeos está prevista para as 13:00 horas.
Cervo acollerá o sábado 22 de decembro o XI Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual e Goshin Shobu (defensa persoal).
O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, e por Agustín Martín, 8º Dan e director técnico da Federación Nacional deste departamento.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián
Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami que vén de adquirir a delegación de deportes do Concello de Cervo instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga;...
leer másO pavillón do CEIP Cervo nº1, de San Ciprián, acollerá o sábado 12 de maio, a partir das 17:00 horas, o IX Campionato de Galicia e o I Interautonómico de Nihón Taijitsu, disciplina de defensa persoal, que forma parte como modalidade asociada á Federación Galega de Kárate.
O evento foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación dos nenos e nenas que conforman a Escola de Artes Marciais de Cervo, de recente creación, e que xa supera a trintena de integrantes.
Neste campionato, ademais de coñecer aos campións de Galicia nas distintas modalidades e categorías, terá lugar a competición interautonómica entre as comunidades de Galicia e a de Castela e León. Na competición poderase ver a aplicación libre de técnicas de defensa persoal contra...
leer másO Concello de Cervo acollerá o sábado 23 de decembro, véspera de Noiteboa, o X Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu, nas modalidades de Kata e Combate, neste útimo caso na categoría adulto.
O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián,
Xa confirmaron a súa asistencia os campións galegos de todas as categorías; así estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga; dos cales o...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o IX Campionato Galego de Katas Nihon Taijitsu (defensa persoal) o vindeiro domingo, 28 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que disponemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.
Soto e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte...
leer más