A cita de San Ciprián foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, a de Cultura, Dolores García Caramés; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián, que organiza a actividade; coa colaboración do Concello de Cervo e das asociacións Pasiño a Pasiño e Mistura, que tamén participaron na presentación.
A Cabalgata sairá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, ata a Casa da Cultura. Durante o traxecto As Maxestades de Oriente saudarán aos que se congreguen nas rúas e repartirán caramelos que foron doados por comercios e empresas de San Ciprián.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a gozar desta Cabalgata, e tamén da de Cervo, organizada pola Asociación Airiños do Xunco, e que partirá ás 19:00 horas, das Escolas Vellas.