CIM
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) mindoniense organiza diversas actividades para conmemorar o 25N co lema “Mondoñedo di non á violencia de xénero” desde este xoves, 21 de novembro.
O programa de actividades inclúe: un punto informativo e a lectura dun manifesto na Praza do Concello o 25 de novembro, luns, ás 12 horas; unha charla coloquio sobre empoderamento feminino en colaboración con Asociación Mujeres en Igualdad no Centro de Desenvolvemento comarcal este xoves, día 21 de novembro, ás 16 horas; unha charla coloquio sobre seguridade cidadá en colaboración con Garda Civil (Plan Maior Seguridade) no Centro Sociocomunitario o 27 de novembro, mércores, ás 11 horas; un curso de defensa persoal feminina en colaboración coa Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero para mulleres maiores de 16 anos, pendente de confirmar...
leer másAta o 16 de febreiro estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición cos traballos realizados nos cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres. O horario de visita de luns a venres será de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.
Á inaguración da mostra, que tivo lugar na xornada de onte, asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, e o alcalde, Alfredo Llano, que subliñou que "se trata de traballos de moita calidade. Merece moito a pena velos. Animo a todo o mundo a que se achegue pola Casa da Cultura ao longo dos vindeiros días para ver o resultado dos cursos de tempo de libre do CIM".