Desfile
Trabada celebrará a súa festa de Carnaval este sábado, día 15 de marzo, e o prazo para inscribirse no desfile remata este xoves.
O desfile empezará ás 18:00 horas e para participar “hai que inscribirse online ata o dia 13 de marzo no formulario Entroido 2025 (Facebook A.C. O Picato) e enviándoo ó mail asociacionculturalopicato@gmail.com. A recollida de dorsais farase o sábado de 16:00 a 17:00 horas”, explica a Asociación Cultural O Picato, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Trabada.
Haberá verbena, amenizada polo grupo Zona Zero e o DJ The sound Project. A entrega de premios será a partir das 00:00 horas e sortearanse cestas.
A saída será ás 17:30 horas desde a Avenida Rosalía de Castro para pasar polas rúas San Roque e Virxe do Camiño, Avenida de Galicia, rúa José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias e rúa Clemente Martínez Pasarón para rematar diante da Casa do Concello.
Concello de Ribadeo e comisión organizadora explican que “debido ao volume de participación decidimos manter o percorrido habitual do desfile do noso Antroido. É certo que se barallou acurtalo un pouco, pero finalmente pensamos que o mellor é que toda a vila poida gozar do noso desfile ao grande, como sempre se fixo, percorrendo as principais rúas de Ribadeo. Adoptamos esta decisión seguindo tamén as indicacións da Policía Local e de Protección Civil”.
Comisión organizadora e Concello animan “a veciños e visitantes a botarse á rúa mañá, martes de Antroido,...
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.
O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.
O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.
O desfile de Entroido de Mondoñedo celebrarase o Sábado de Piñata, día 8 de marzo, e repartiranse 5.000 euros en premios.
O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.
Os participantes poderán anotarse no correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982.52.40.03 (inscricións) e 982.50.71.77 (información). O prazo máximo para inscribirse será ata as 23:59 horas do venres 7 de marzo.
Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego) e serán adheridos ao disfrace nun lugar visible. Ás 17 horas os...
leer másLourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 9 de marzo, con máis de 5.000 euros en premios. Estará amenizado coa música do dúo Epo-K.
O desfile empezará ás 16:30 horas e haberá premios para as categorías infantil e adulta individual, parellas, grupos, carrozas, charangas, comparsas e premio especial ao máis chistoso. As inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, por teléfono no 982.12.10.06 ou por WhatsApp no 637.05.51.63. E tamén o propio domingo 9 de marzo no recinto feiral de 12:00 a 15:00 horas.
Está organizado polo Concello de Lourenzá, coa colaboración da asociación de comerciantes, industriais e autónomos ACIAL.
O primeiro tenente de alcalde, Javier Huertas, destaca que “ao ser o 9 de marzo...
leer másRiotorto celebrará o seu desfile de Carnaval o día 22 de febreiro, sábado. Sairá ás 16:30 horas desde a Casa da Cultura e fará un percorrido polas rúas do municipio ata o pavillón polideportivo.
A entrega de premios será a partir das 00:00 Horas no pavillón polideportivo. As inscricións para participar poden facerse no correo electrónico riotortocf@gmail.com ou o propio día antes das 16 horas na Casa da Cultura. Haberá verbena amenizada polo grupo D´Cano e DJ Bombardero.
Organizan o Concello de Riotorto e Riotorto Club de Fútbol e as bases do desfile están na web www.concelloderiotorto.org.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido en Alfoz para o luns 3 de marzo ás 21:00 horas no pavillón municipal. Entregarán premios aos mellores disfraces
“O luns 3 de marzo tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas será a apertura de inscricións e ás 21:00 horas o gran desfile. Contaremos coa música de Discomóvil Eventec e con bocadillos quentes”, anuncian os organizadores.
O Vicedo celebrará un desfile para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves. Será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura.
Está organizada pola APA e o Concello do Vicedo, que anuncian: “para manter o espírito do Samaín do Vicedo desfilaremos cunha saba branca ou camiseta branca moi longa. Cada participante debe traer a cabaza para desfilar. Ao final haberá chocolatada na Casa da Cultura para os asistentes. Esperamos moita asistencia e diversión, mentres metemos uns sustos polo pobo adiante”.
O desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.
A inscrición deberá facerse unicamente a través do correo electrónico entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21:00 horas. A organización confirmará a inscrición, sendo preciso que faciliten un teléfono de contacto.
Os participantes que xa estaban apuntados para o desfile previsto para o 25 de febreiro non teñen que volver enviar a folla de inscrición, pero si deben confirmar a participación nesta nova data.
A recollida de dorsais para participar no...
leer másO Concello a través das súas redes sociais comunicou onte á noite á suspensión do desfile do Domingo de Piñata, debido ao mal tempo previsto para este domingo, día 25: “debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a xornada de hoxe, dende o Concello e a Acial vémonos na obriga de aprazar o desfile de Domingo de Piñata. Nos vindeiros días publicaremos a nova data”.
E engaden: “lamentamos ter que tomar esta decisión e pedimos desculpas polas molestias que se puideran ocasionar. Que o mal tempo non nos saque a ninguén a ilusión do Entroido. Vémonos en breve”.