A hostalaría de San Ciprián, coa colaboración do Concello, presenta a súa proposta culinaria para todos os xoves, que foi bautizada como Sanci Tapeando.
Sumáronse á iniciativa, que arrinca mañá, 11 locais, que servirán cada semana a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.
As propostas para este xoves, 1 de febreiro, son as seguintes:
• Bar Atxuri: ballacau ao Pil-Pil
• Pizzería O Trasgo: taco de polo con salsa tártara
• Bar Camarote: potas
• Bar Candal: polo á coca-cola
• Terraza O Noso Lar: filloas vermellas recheas de bacallau
• Bar O Noso Lar: chopo de pemento do piquillo con petisco de pescada
• Bar O Faro: botelo do Bierzo
• Pizzería Las Titas: mini Calzone
• Bar Maruxaina: luras enceboladas
• Mesón A Bodega: zamburiñas con polvo
• Bar Tola: cocido galego
Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.