Ruta

Etiquetas:
08/03/2018

Medela Mtto organiza a IX Ruta de Enduro Medela este domingo, 11 de marzo, a partires das 9:30 horas.

A saída e a meta estarán situadas na Praza dos Campos en San Cibrao.

O percorrido ten unha lonxitude de 38 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e unha dificultade media-alta.

A proba conta co patrocinio de Cerezo Bikes, Alcoa Fundación, Rodabell, Mobilimp, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo. 

 

Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de marzo, unha ruta pola Senda do Oso.

Esta andaina en Proaza-Teverga, en Asturias, ten unha lonxitude de 13 quilómetros e é de dificultade baixa.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

Para poder asistir é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
27/02/2018

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a praza do Campos, en San Ciprián, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.

A continuación, os corredores porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que  “levamos moitos meses traballando intensamente na posta a punto dos camiños, en colaboración tamén co Concello de Cervo, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.

A proba, de dificultade media-alta, será de 35 quilómetros, e 1.400...

leer más
Etiquetas:
13/02/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 25 de febreiro unha ruta pola ribeira do río Sor dende Ponte do Porto ata Monte da Insua.

A saída será ás 8:30 horas do Concello, a comida será en Loiba e despois farase unha visita a Estaca de Bares.

O derradeiro día para anotarse é o mércores 21 de febreiro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo para os socios federados é de 20 euros, para os socios non federados 25€ e para os non socios 30 euros. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un grado de dificultade media.

 

Etiquetas:
29/01/2018

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 3 de febreiro, a Ruta das Xanas por Quirós, en Asturias.

A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e a ruta ten 8 quilómetros de percorrido cunha dificultade baixa segundo informa a organización.

O prezo para os socios é 20 euros e 25 para os non socios, e inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráfica Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do 1 de febreiro ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
15/01/2018

O 28 de xaneiro terá lugar o primeiro andareiro do ano, organizado por Sendeiros de Foz. A ruta será por Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal. 

Segundo os organizadores “trátase dunha ruta espectacular por terras de Alfoz, onde veremos unhas xoias que temos por estos lares moi pouco valoradas como a Fraga da Moradoira, a Pena Abaladoira, a Pena das Banzas, a Fervenza Escouridal, todo nas estribacións da Serra do Xistral”.  

A saída será o 28 xaneiro, domingo, ás 8:45h do Concello. O prezo para os socios federados será de 20 euros, para os socios non federados 25 euros e para os non socios 30 euros. Inclúe o xantar.

O derradeiro día para anotarse será o 24 de xaneiro. Pódese facer a través dos seguintes números de teléfono 676 561 594, Nelli – 670 369 017, Morís ou no correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 13 de xaneiro, unha ruta polas Fragas do Eume no Camiño da Ventureira. O percorrido é de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 11 de xaneiro ás 20:00 horas.

A organización recomenda levar calzado apropiado e bastón xa que a metade da ruta é próxima ao río polo que é esvaradía.

 

Etiquetas:
28/11/2017

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o domingo, 3 de decembro, a ruta de Candaído na Fonsagrada.

Esta ruta ten 8 quilómetros de percorrido e unha dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 para os que non o son, e inclúe autobús, seguro e xantar  a base do cocido típico da Fonsagrada.

Para participar é imprescindible anotarse antes do xoves 30 de novembro. As persoas interesadas poden apuntarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504.

 

Etiquetas:
27/11/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.

A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

O Concello de Foz colabora con esta actividade.