Ruta

Etiquetas:
31/10/2018

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turismo de Galicia, vén de achegar 6.200 euros para promover a posta en marcha e sinalización da ruta circular en Burela. Trátase dun ambicioso proxecto, cun percorrido de 16,25 km de lonxitude, que une os principais atractivos turísticos deste municipio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que este apoio autonómico está articulado a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Burela de tal xeito que a administración autonómica achegará o 65% do custe total desta actuación. 

A axuda permitirá crear, subministrar e colocar distintos postes indicativos e paneis coa información desta ruta para que afeccionados ao sendeirismo, veciñanza e visitantes podan coñecer en todo momento o percorrido e as zonas de interese...

leer más
Etiquetas:
28/10/2018

Os días 2, 3 e 4 de novembro terá lugar a XV Ruta 4x4 Montes da Mariña organizada polo Club Os Correcamiños. Na presentación deste evento participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

A ruta 4x4 Montes da Mariña é unha das citas máis importantes de toda España no mundo dos 4x4, con 500 vehículos participantes (150 motos, 150 quads e 200 coches) procedentes de lugares como Portugal, Madrid, Teruel, Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Ciudad Real, entre outros.
 
O programa de actividades comezará a desenvolverse o venres 2 de novembro cunha recepción e pinchos no pavillón do colexio Martínez Otero, de Foz. O sábado 3 haberá ruta polos montes da Mariña, que discorrerá polos concellos de Alfoz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Barreiros, Cervo e Foz. A comida será en Ferreira do Valadouro e despois de volver á vila focense...

leer más
Etiquetas:
22/10/2018

O Concello de A Pontenova organiza a IV edición da Ruta de Tapas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de novembro.

Os oito establecementos participantes ofrecerán as súas tapas, ao prezo de 1 euro, en horario de 20:00 a 23:00 horas.

O 3 de novembro á unha da mañá no bar Rony sortearase un premio de 300 euros entre todas aquelas tarxetas completas co selo de cada un dos bares participantes.

Os locais de hostalería que se dan cita nesta IV edición da Ruta de Tapas de A Pontenova son: A Mina, Bar Lennon, Bar Puente, Benito´s, Casa da Cultura, O Lar de Balbina, Rony e San Briz. 

 

Etiquetas:
10/10/2018

A asociación Cabaleiros do Landro de Viveiro organiza o sábado, 13 de outubro, a 1ª Ruta Cabalar de Viveiro.

A saída terá lugar ás 10:00 horas da explanada dos pavillóns polideportivos e á metade da ruta os participantes degustarán uns pinchos no monte San Roque.

A comida será no pavillón Antonio Tarrío e, servida por Galipizza, estará composta de callos, meixela, tarta xeada, café e chupito ao prezo de 20 euros (para os nenos ata 6 anos será gratuíta, e de 7 a 12 anos pagarán a metade). Haberá música en directo e os nenos e nenas disfrutarán de colchonetas.

Todo xinete farase cargo dos danos que poida ocasionar o seu cabalo. A reserva terá que realizarse antes do 10 de outubro nos números de teléfono: 678 069 886 (Adri), 600 968 204 (Normandy), e 660 985 747 (Sonia).

 

Etiquetas:
08/10/2018

Todos os xoves ata o vindeiro 13 de decembro celébrase Sanci Tapeando.

Sete locais de hostalería de San Ciprián ofrecen as súas propostas culinarias ao prezo de 2 euros por tapa. Ademais sortearanse 3 vales para gastar nos locais participantes, por importe de 250€, 150€ e 100€.

Os establecementos que participan nesta iniciativa son: bar O Pulgas, bar, O Faro, pizzería Las Titas, pizzería O Trasgo, cervecería Nordesía, terraza O Noso Lar e mesón A Bodega. Todos eles ofrecerán cada xoves unha tapa diferente, e as fotografías das tapas serán subidas ao perfil de facebook  esa mesma semana. 

Sanci Tapeando desenvolverase os xoves 11, 18 e 25 de outubro. Continuará os días 1, 8, 15, 22 e 29 de novembro, e rematará os xoves 6 e 13 de decembro.

O Concello de Cervo...

leer más
Etiquetas:
26/09/2018

O Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá, acolleu esta mañá a presentación da segunda edición da Ruta da Faba, da que poderán gozar mariñáns e turistas os días 13, 20 e 27 de outubro. Esta ruta busca poñer en valor o arte, o patrimonio, a natureza, a gastronomía e o cultivo da faba de Lourenzá. Durante 7 horas grupos de 10 ou 15 persoas poderán percorrer edificios emblemáticos laurentinos, visitar as plantacións de faba e falar cos agricultores, achegarse á Cooperativa Terras da Mariña e gozar dun delicioso xantar composto de produtos da comarca, entre outras actividades. No acto desta mañá participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o representante da Cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado; e Pedro Fraga, de Mariña Activa, empresa que se encarga de comercializar esta Ruta da...

leer más
Etiquetas:
07/09/2018

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta ás Médulas, no Bierzo, este sábado, 8 de setembro.

O percorrido de 12 quilómetros é de dificultade baixa. A saída será as 7:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. 

Etiquetas:
02/09/2018

A Pontenova acollerá o día 22 de setembro, sábado, a quinta edición da ruta ecuestre Equus Norte.

As actividades comezarán cun almorzo ás 10 da mañá no Mesón A Mina. O percorrido en cabalo empezará ás 10:30 horas e haberá un xantar ás dúas da tarde. Ás 16:30 horas terá lugar unha carreira de obstáculos a cabalo, despois haberá sorteos e música a cargo dunha discoteca móbil e pola noite farase unha degustación de pinchos.

 

Etiquetas:
23/08/2018

Os Sendeiros de Foz organiza a XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos o próximo 9 de setembro.

Farase a ruta río Ouro e praias de Foz. Posteriormente a entrega de trofeos terá lugar durante a comida de confraternidade que se celebrará no restaurante Xoiña. O prezo é de 15 euros.

A actividade é para persoas federadas. O prazo para anotarse remata o mércores 5 de setembro, e as inscricións poden facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
Colaboran na organización deste evento: Federación Galega de Montañeiros, CCA Foz, Concello de Foz, Deporte Galego, Frutas Morriña e Rodríguez Agencia de Viajes.

 

Etiquetas:
19/08/2018

A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha ruta aos Lagos de Saliencia en Asturias, que terá lugar o vindeiro xoves, día 23 de agosto. A inscrición péchase o martes. 

A presidenta da asociación Barreiros Mar e Monte, Belén Antolín, manifesta que “consiste en una excursión a la ruta de los lagos de Saliencia, que está en el parque natural de Somiedo. Salimos a las ocho de la plaza del Concello. La ruta es de ocho kilómetros y medio, pero es apta para todos porque es circular, por lo que se puede acortar”.

Antolín engade que “tenemos pocas plazas así que si a alguien le interesa que reserve ya. El precio es muy atractivo también porque son 15 euros con el menú y el autobús. Es todo el día y volveremos sobre las ocho. Quien se quiera apuntar puede hacerlo en el teléfono 622 75 80 79, y los tíckets están a la...

leer más