Ruta
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o domingo, 3 de decembro, a ruta de Candaído na Fonsagrada.
Esta ruta ten 8 quilómetros de percorrido e unha dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo é 25 euros para os socios e 30 para os que non o son, e inclúe autobús, seguro e xantar a base do cocido típico da Fonsagrada.
Para participar é imprescindible anotarse antes do xoves 30 de novembro. As persoas interesadas poden apuntarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.
A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.
O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
O Concello de Foz colabora con esta actividade.
A asociación Pasada das Cabras de Burela celebra o venres, 24 de novembro, a asemblea anual ordinaria. Desenvolverase no restaurante Palacio de Cristal ás 20:30 horas en primeira convocatoria, e ás 21:00 h. en segunda. Ao remate da asemblea, sobre ás 20:00 horas, no mesmo restaurante terá lugar unha cea-baile que estará amenizada por Juan e a súa guitarra.
Para asistir á cea é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 23 de novembro. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os que non o son.
E o 3 de decembro Pasadas das Cabras ten programada a ruta de Candaido pola Fonsagrada. A saída será ás 8:30 horas desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para socios será de 25 euros e para non socios de 30 euros. Inclúe autobús, xantar (cocido típico da Fonsagrada) e...
leer másO grupo de sendeirismo da ACD. Xove clausura o ano de Rutas 2017 cun percorrido polo concello de Xove o domingo, 26 de novembro.
A ruta discorrerá pola senda dos ríos Guilán e Rigueira, recentemente acondicionada, e ten unha distancia de 10´5 quilómetros. A saída será dende o Centro Cívico de Xove ás 10:00 horas, e o regreso ao mesmo punto. Despois os participantes que o desexen xuntaranse nunha comida de confraternidade no restaurante do Centro Social de Palmeiro.
O prezo para participar na ruta é de balde para os federados e 2 euros do seguro de accidentes. O prezo da comida é 11€.
Colabora nesta actividade o Concello de Xove.
A asociación Pasada das Cabras de Burela vai realizar o vindeiro sábado, día 11, a décima e última etapa do Camiño do Cantábrico.
Esta ruta ten unha distancia de 15 quilómetros dende a praia de San Román ata O Vicedo. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse, e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 ás 20:00 horas.
A asociación Pasada das Cabras celebrará o día 24 deste mes de novembro, a asamblea anual ordinaria que terá lugar no hotel Palacio de Cristal ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda. Ao finalizar farán a cea-baile anual no mesmo restaurante.
... leer másO Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa. Inclúe visitas guiadas ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Pazo de Tovar, ao Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa do Muíño do Pereiro e ao Miradoiro da Valiña, ademais de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos típicos desta comarca como a merluza de Celeiro ou o bonito de Burela. Nesta iniciativa participan a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia.
O presidente da Sociedade Cooperativa Terras da Mariña, Jose Cuadrado, explicou na presentación que “o proxecto xurde dunha idea da Cooperativa Terras da Mariña xunto co...
leer másO vindeiro luns, 30 de outubro, terá lugar a presentación da Ruta da faba de Lourenzá, un proxecto da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, do Concello de Lourenzá, de Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e do Pazo e Forno de Tovar.
O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica.
A Ruta da faba xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San...
leer másO vindeiro sábado, 21 de outubro, a asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con voluntarios de Alcoa van a facer a subida ao Monte Castelo, de Viveiro, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 10 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar á ermita do monte haberá pinchos gratis para todos os participantes antes de empezar a baixada.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 19 de outubro ás 20:00 horas.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza os días 27, 28 e 29 de outubro un fin de semana de sendeirismo con dúas camiñatas polas terras asturianas de Somiedo.
A saída está prevista para o venres, día 27, ás 19:30 horas dende o Cantón de Vilanova. O sábado 28 realizarase a ruta Foces e Brañas de Saliencia dunha lonxitude de 15 quilómetros e dificultade media-alta. Para as persoas que o desexen existe a posibilidade de reducir esta camiñata e facer unha variante denominada Ruta Brañas de Saliencia de 7,5 quilómetros e dificultade media-baixa. A comida será durante o desenrolo da propia ruta e unha vez rematada o punto de destino será Valle de Lago onde será a cea, o aloxamento e a comida do domingo.
O domingo 29 a camiñata escollida é a Ruta Braña de Sobrepena cun percorrido duns 9 quilómetros e...
leer másA vixésimo sexta edición da ruta cicloturista Pardo de Cela celebrarase o día 22 deste mes, domingo, con saída desde a Praza Conde de Fontao, de Foz.
Este evento foi presentado por compoñentes do Club Ciclista Foz e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A saída será ás 9 da mañá desde a praza Conde de Fontao e cubriranse un total de 98 quilómetros.
Desde o Club Ciclista Foz animan a participar nunha ruta “para admirar paraxes, pasar un día de ciclismo en estado puro e gozar da bicicleta fóra de toda competición. O alto da Ermida, O Pereiro, O Cadramón ou Moucide son os puntos que entrañarán máis dificultade, aínda que tamén hai preparadas escapatorias por se hai quen necesita acurtar a ruta. Un domingo para compartir o deporte do ciclismo”.
As inscricións para participar poden...
leer más